Medra en aberto: contido para lanzar o teu negocio

Dámosche unha cálida benvida a este espazo de Medra en aberto!

Grazas por adicar un anaquiño do teu tempo a ver que temos para ofrecer.

E non só grazas, tamén parabéns!

Porque verte aquí significa que estás dando pasos para facer medrar o teu negocio online. Esperamos que todo (ou polo menos, algo) do que che ofrecemos, sexa de utilidade para o teu proxecto.

Contido en aberto

E que é iso que temos para ofrecerche neste espazo gratuíto? Pois a nosa intención é envorcar aquí contido de balde que poida ser de interese para ti, que decidiches emprender en Internet.

Aquí destacaremos cales son aqueles puntos que cremos vitais no emprendemento para que, se aínda non o fixeches, lles prestes atención e busques solucións. Pola nosa parte, tamén che deixaremos ligazóns que che poidan guiar a algunha desas solucións.

Compartiremos tamén listas de quefaceres do emprendedor, consellos que desexaríamos que alguén nos tivese dado antes de empezar o noso camiño e tamén outra información relevante sobre dúbidas que todo o mundo ten.

Que é realmente o SEO? Publicidade en redes, si ou non? Por onde empezo o camiño sequera?

A estas preguntas e a moitas outras iremos dando resposta ao longo das próximas semanas.

Que é Medra?

Pero, aínda non sabes que é Medra? Trátase dunha academia online que nace da experiencia de quen xa percorreu o camiño que ti queres comezar. Aquí, múltiples profesionais teñen como obxectivo transmitir os seus coñecementos adquiridos, así como tamén os erros cometidos.

Medra é unha ferramenta de acompañamento para ti na tarefa de lanzar, consolidar e facer medrar o teu negocio en Internet. Consta de cursos, conversas, sesións de soporte e, agora, tamén dun blog con contido en aberto!

Tamén contamos cunha newsletter de balde onde che chegará contido de interese e, se te subscribes agora, tamén terás a oportunidade de facer un curso gratuíto de 7 días, cuxo contido chegará diariamente á túa bandexa de entrada ao longo desta semana.

Si, estamos tirando a casa pola ventá! Pero é que sabemos o complicado que é comezar nesta aventura, porque xa estivemos aí, e queremos apoiarte da mellor maneira posible a través de todas estas ferramentas.

Deixa aquí o teu correo e vémonos na túa bandexa de entrada!

Máis artigos sobre

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resolución de dúbidas

Únete á newsletter

E leva o primeiro curso por email de balde só por apuntarte.