Se non tes páxina web, estás perdendo cartos co teu negocio

Sabemos que o título deste artigo pode soar forte, pero non pode ser máis certo.

Sabemos de sobra que quen máis vende non é quen ten o mellor produto, se non que normalmente é quen mellor fala del. Investir en márketing e nunha comunicación efectiva é moi importante, pero ter todo canalizado a través dunha boa páxina web é imprescindible en calquera negocio online hoxe en día.

Por que é importante ter páxina web

Se aínda te preguntas por que facemos estas afirmacións, imos deixarche por aquí cinco exemplos claros cos que se demostra que todo emprendedor debería ter unha boa páxina web e que, no caso contrario, estará perdendo cartos.

Todo o que atopamos son vantaxes e estamos buscando polo aspecto negativo, pero non aparece.

Tes un escaparate 24/7

Todo o mundo sabe que se ti queres alugar un baixo nunha rúa céntrica dunha cidade moi poboada, valo ter que pagar moito máis caro que se o fas nunha rúa das aforas pola que case non pasa xente. Iso é porque ten máis valor. A xente está disposta a pagar máis para que o seu escaparate o vexa máis xente.

Actualmente, tes á túa disposición a opción de ter unha ferramenta que a xente poida ver 24/7 sen necesidade de alugar un baixo no centro da Coruña. Unha páxina web ben feita e optimizada fará que os teus potenciais clientes poidan ver os produtos que ti queres que vexan en calquera momento.

Permite vender directamente

E o cliente non só poderá ver eses produtos 24/7, se non que tamén terá a posibilidade de mercalos nese lapso de tempo.

É dicir, se unha persoa está un sábado noite mergullando na rede e atopa un produto teu que lle interesa, só terá que dirixirse á túa web para mercalo. Sen necesidade de esperar a que sexa un día laborable, a que non atope o tempo de achegarse á tenda ou, mesmo, a que cambie de idea.

A transformación de visitante a cliente é moito máis sinxela cunha páxina web ben montada e que lle dea confianza ao cliente.

Aumenta a credibilidade e a confianza de marca

A confianza é clave.

Cantas veces entraches nunha páxina web que daba que pensar?

Moitas. Nós tamén.

Iso non quere dicir que a empresa en concreto non puidese ter un bo servizo nin que o seu produto fose malo, pero se a web non che inspiraba confianza o máis probable é que non mercases nela.

O mesmo pasa no outro sentido. Se ti estás buscando un produto ou servizo que che interesa e a web se presenta dun xeito que xera tanto credibilidade como confianza, as posibilidades de elixir esa empresa aumentan de xeito exponencial.

Non só hai que ser profesional, tamén hai que parecelo. E ter unha páxina web dá puntos extra.

Permite recompilar datos e analizalos

A existencia da páxina web non é exclusivamente positiva de portas para fóra, tamén o é internamente.

No mundo en que vivimos, especialmente cando nos centramos no virtual, os datos son o máis valioso. Botar unha ollada ás analíticas da web poden darche información relevante para o teu negocio e, por extensión, axudarche a facelo máis efectivo e a seguir medrando.

Trátase dunha ferramenta escalable

Medrar é a nosa palabra favorita, por iso é o nome desta escola. Cremos que é a aspiración que tanto negocios como persoas debemos ter. Medrar non só en facturación e clientela, se non tamén en ferramentas e obxectivos.

Pensa en calquera tenda da túa zona: a cantos clientes pode atender ao mesmo tempo? Agora pensa na túa páxina web e faite a mesma pregunta. Non existe un límite. Podes escalar co teu negocio tanto como o resto de condicionantes cho permitan.

Ben, agora xa tes clara a importancia de ter unha web, pero non sabes por onde empezar, non? Pois temos unha boa nova para ti: un curso sobre como crear a túa primeira páxina web desde cero, impartido por Anxo Sánchez, que leva anos facendo webs e ten os consellos máis efectivos para que non perdas tempo.

Anímaste a crear a túa páxina web para que esta lista de vantaxes que acabas de ler funcione no teu favor?

Máis artigos sobre

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resolución de dúbidas

Únete á newsletter

E leva o primeiro curso por email de balde só por apuntarte.