Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Vender na rede leva tempo e esforzo. Comparto contigo moito do que aprendín nos últimos anos emprendendo online.

Cóntocho nesta primeira guía gratuita, en 7 días, en 7 emails.

Ti, que emprendiches en Internet e que aspiras a consolidar ou mellorar os resultados.

Ou ti, que aínda non te lanzaches no mundo online pero sabes das potencialidades de estar a un golpe de clic do teu cliente.

Escoita.

En Internet hai moitas, moitísimas posibilidades.

Cada día buscamos, comparamos e mercamos máis por Internet. E fácemolo con independencia de servizos ou produtos.

Non importa se tes ou non coñecementos previos, a resposta para aproveitar esas oportunidades é lanzarse e medrar.

Mira.

Moitos autónomos e emprendedores síntense abrumados á hora de comezar no mundo online.

Os conceptos pouco claros, a soidade que se vive en múltiples ocasións diante da computadora e un entorno que nos presiona senon acadamos certos obxetivos.

Mais o mellor é que hai solución.

Dígocho, por experiencia de moitos anos navegando no inmenso mar de Internet, que non estás tan lonxe de lograr lanzar o teu proxecto na rede. 

Só necesitas saber por onde comezar a camiñar.

Esa é a razón pola que naceu Medra, para acompañarte nesta tarefa.

Queres aprender a vender produtos ou servizos por Internet?

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede…

Descarga a primeira guía agora e cóntoche o que debes saber para dixitalizar o teu negocio.

De balde. Inscríbete XA para obtela e marcha cando queiras.

7 días, 7 emails, 7 claves imprescindibles con audios e fichas de traballo

Medra nace da experiencia de quen xa percorreu o camiño que ti queres comezar.

De quen deseñou estratexias de negocio, campañas de márketing dixital, páxinas web, tendas online ou fixo crecer as redes de empresas desde o descoñecemento ao máis alto.

Da participación de múltiples profesionais que teñen como obxectivo transmitir os coñecementos adquiridos, e tamén os erros cometidos.

Tamén somos autónomos, xestionamos clientes e pagamos os impostos ao trimestre, igual ca ti.

Isto vai dunha solución creada por emprendedores para emprendedores.

Nin máis nin menos.

Medra é unha ferramenta de acompañamento para ti na tarefa de lanzar, consolidar e facer medrar o teu negocio en Internet de 0 a 100, a partir de itinerarios formativos cómodos, áxiles, de diferentes niveis e ao teu ritmo coas ferramentas e estratexias de negocio que máis impacto teñen no mercado online.

Entra en Medra e aprenderás Márketing Dixital dun xeito sinxelo e guiado.

Como sabes se Medra é para ti?

Pero o camiño non é rápido.

A solución non pasa por dar paus de cego deixando centos de horas en deseños estériles ou comprando as ferramentas dos “triunfadores” de sempre.

A maioría de negocios locais que queren ter presenza online non están tan lonxe de poder chegar ao seu obxectivo.

Simplemente deben saber como.

Son Anxo Sánchez, a quen se lle ocurriu esta idea de Medra e o encargado de poñerlle cara.

Gústanme as páxinas webs, o márketing dixital e acompañar a negocios locais a dixitalizarse co obxectivo de mellorar a súa presenza e facturar máis.

Axudo a persoas autónomas coma ti a lanzarse cun negocio online que teña visibilidade e consiga clientes a través de Internet.

Sei que erguer un proxecto é duro, seino por min mesmo, por iso se es un emprendedor que está comezando ou simplemente queres anovar o teu escaparate dixital, douche os parabéns porque estás a pique de comezar o camiño.

Cóntoche as 7 claves que traballar antes de lanzarte en Internet descargando a primeira guía de Medra

Propóñoche un acordo:

Os emails irán acompañados de episodios dun podcast que gravei exclusivamente para isto.

Os emails irán acompañados dunha folla de traballo para que comeces o camiño dixital con bo pé.

A cambio, cando remates os 7 días tesme que dicir que che pareceu e contarme a túa historia.

Trato?

Senta as bases para lanzar o teu negocio. Anótate agora!

Tes dúbidas?

Que contido inclúen os emails?

7 emails que che enviarei durante 7 días onde che ensinarei o básico que debes coñecer se queres lanzarte co teu negocio online.

Cada email contén unha pequena descrición, un podcast para escoitar onde ti queiras (coche, ducha, cociña ou estudo) e unha ficha de traballo.

Son difíciles?

Isto está destinado a todo tipo de emprendedores que non se conforman con non ter visibilidade online e queren actuar. 

Desde o inicio. Non importa que non teñas coñecementos.

Debo adicarlles moito tempo?

O que ti queiras. Non hai nin mínimo nin máximo. Abre o email, escoita o podcast e fai a ficha de traballo cando desexes.

Mais se queres abandonar as sobras de Internet e facer que o teu cliente te atope, debes actuar xa!

Estou obrigado a recibir os teus emails?

Non. É tan sinxelo entrar como sair. Podes darlle ao botón de non recibir máis cando queiras.

Que temas vou atopar en cada un dos emails?

A ver, se cho conto non ten graza. Mais aí vai:

  • No primeiro email chegamos a un acordo ti e mais eu sobre o que vas aprender aquí.
  • No segundo email ensinareiche as actitudes que debe ter todo emprendedor.
  • No terceiro email mostrareiche as aptitudes para triunfar en Internet.
  • No cuarto email aprenderás a metodoloxía TOP no mundo dixital.
  • No quinto email crearás o teu plan de negocio que entra nun folio.
  • No sexto email lanzaraste a crear o teu proxecto dixital.
  • No séptimo email revisamos ese acordo inicial e continuamos.

Unha vez rematados os 7 emails durante 7 días, que vai pasar?

Vas recibir dous consellos de márketing semanais. Os mércores e os domingos.

Pero só se ti queres. Podes marchar cando queiras.

E cal é o obxectivo de MEDRA?

Voucho contar.

No último trimestre de 2023 só ofrecerei este curso gratuito por email.

A partir de 2024 isto vai ser unha academia de formación. De emprendedores para emprendedores, como che dicía antes.

Que di quen traballou comigo?

Traballar con Anxo é sobre todo saber que delegas unha parte do teu traballo en plena confianza a alguén co bo facer de Anxo.

É axil na orzamentación, creativo no deseño e experimentado na programación, aspectos claves nun profesional que ofrece os servizos de Anxo.

Valoro sobre todo a capacidade que ten de xestionar de forma completa un proxecto web, dende a concepción ata a finalización pasando polo posicionamento. Traballo e traballarei con él porque é unha garantía de éxito para calquera proxecto que desexe convertir a súa web nun canal de venta efectivo nos tempos que corren.

Javier Boquete
Asesor de Marketing a emprendedores e PYMES

Souben de Anxo por recomendación de alguén a quen lle fixera a súa páxina web e decidín escribirlle para comentarlle o que tiña en mente: unha web en tres idiomas e sinxela coa que poder transmitir unha imaxe máis profesional no tocante ós meus servizos como tradutora.

Dende o primeiro momento, a sensación que me transmitiu foi de profesionalidade. Aconselloume para que eu soubese como debían ser os textos da web e sempre estivo aí para resolver calquera cuestión que me ía xurdindo. Deste xeito, sentinme moi acompañada, algo que agradecín moito ó tratarse dun proceso no que eu tiña dúbidas ó non estar moi posta no tema da creación de páxinas web.

Quedei moi contenta co resultado, pois grazas ó seu traballo, agora teño unha plataforma profesional dende a cal ofrecer os meus servizos. Ademais, coa organización da páxina, as cores, o tipo de letra, etc., conseguiu converter en algo concreto todas as ideas que eu lle comentara.

Polo tanto, do mesmo xeito que eu cheguei a Anxo por recomendación doutra persoa, gustaríame que estas palabras lle puidesen ser de axuda a alguén. Dende logo, se tivese que crear outra web, encargaríalla a Anxo sen dubidalo.

Raquel Sobrado
Tradutora e intérprete

Contratei a Anxo para o redeseño da miña páxina web que é o centro do meu negocio. Necesitaba un deseño serio, elegante e que cargase rápido (xa consciente de que era unha web difícil) porque os meus clientes son empresarios que non teñen tempo pero a impresión en a penas un minuto decide todo.

Pois ben, non só estou contentísimo co resultado (que á vista está) senón ademais con como levou o proxecto. Encantoume o coñecemento que ten Anxo de todo o proceso, a experiencia recomendando configuracións, plugins e extras, pero sobre todo sobre todo que "che entrega o prometido".

E para min isto foi clave porque hoxe en día incluso pagando moito máis non tes esa garantía e para min foi unha gozada que me dixese desde o día 1 o que se podía e non se podía facer e logo ilo vendo cumprirse tal cal. Amplamente recomendado.

Iago Fraga
Mentor en productividade

Encantada con Anxo e o seu traballo. Levaba tempo querendo actualizar a miña web e ter unha imaxe actualizada e máis profesional, e grazas ao teu traballo conseguíno. Busca adaptalo todo ao gusto e necesidades do cliente, aporta ideas e visións do que se pretende conseguir e sempre se preocupa por saber se se conseguen os obxectivos marcados. Non ten problemas para resolver dúbidas ou dúbidas que xurdan ao longo do proxecto e facilita a comunicación con el. Cando ves o traballo rematado, explícase como modificar e cambiar partes da web por ti mesmo e se algo non che queda claro, tenta explicalo mellor.

Grazas a el conseguín o que buscaba e cunha imaxe moito mellor da que imaxinaba. Recomendaríao pola súa profesionalidade, os tempos de execución do proxecto, as ideas que propón e a paciencia que ten á espera do envío do material.

Beatriz Fernández
Dietética e nutrición

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Vender na rede leva tempo e esforzo. Comparto contigo moito do que aprendín nos últimos anos emprendendo online.

Cóntocho nesta primeira guía gratuita, en 7 días, en 7 emails.

Únete á newsletter

E leva o primeiro curso por email de balde só por apuntarte.

Parabéns!

Estás a un paso de facer medrar o teu negocio en Internet de 0 a 100.

Sigue os seguintes pasos:

1

Revisa o teu email

Neste intre envieiche un email para asegurarnos que todo está ben. Bótalle unha ollada, chegará en non máis de 5 minutos.

2

Confírmao

Nese email debes confirmar a subscrición. Confirma! É obrigatorio por lei. Se non o atopas, revisa en SPAM ou Promocións.

3

Listo!

Con iso está listo e poderás comezar a medrar co teu negocio. Se non recibiches o email, escríbeme a soporte@medra.gal