Como mellorar o teu negocio en Internet desde cero

A presenza en Internet dos negocios é a día de hoxe unha necesidade. Aproveita para saber máis de páxinas web, redes sociais, visibilidade online, publicidade, branding, emprendemento ou IA en diferentes cursos no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio.

Cursos de formación

Aprenderás o básico de como lanzar ou mellorar o teu negocio ou proxecto en Internet, desde un punto de vista práctico.

Titorización

Poderás levar unha ficha de traballo para aplicar o aprendido e contarás co apoio da ou do poñente do curso para completala.

Materiais de traballo

Entregaránseche os materiais de traballo en formato descargable. Por exemplo, a presentación utilizada ou os recursos recomendados.

Cales son os cursos?

Como crear unha páxina web profesional desde cero en 2024

Os negocios en 2024 non se entenden sen presenza online. Aprende o mínimo que hai que ter en conta para montar un sitio web profesional para autónomos e empresas. O teu nome en Internet, aloxamento, contidos…

Como utilizar as redes sociais para a túa empresa e comezar a vender

Aprende os conceptos básicos sobre as Redes Sociais e como axudan a un negocio. Presentación das diferentes plataformas, público, usos, elección, publicacións e boas prácticas na xestión.

Como mellorar a visibilidade online dunha páxina web e por que a maioría delas son invisibles

Cada día buscamos, comparamos e mercamos máis por Internet. Isto non é nin bo nin malo, simplemente é así. Non se lle debe dar as costas a esta realidade. Falamos de 4 factores no que case todos fallan e polos que son invisibles.

Como crear a túa primeira campaña publicitaria online

Aprender a planificar unha campaña desde cero e coñece os conceptos básicos para contratar publicidade na rede. Un taller pensado para persoas emprendedoras e negocios que queren  medir e analizar o retorno das inversións.

Como aproveitar o Posicionamento SEO Local para atopar máis clientes na túa cidade

Aprende que é o SEO, ou posicionamento web, e como podemos aproveitalo para o noso negocio. En concreto, coas búsquedas locais. É dicir, aquelas que se fan pensando en contratar produtos ou servizos nos comercios da nosa propia localidade.

Como crear unha imaxe de empresa efectiva: deseño e branding

Aprende cales son os elementos fundamentais que conforman unha identidade gráfica sólida e efectiva, e como estes elementos traballan xuntos para transmitir unha mensaxe coherente e memorable.

Crea un novo produto e insíreo no mercado

Obradoiro participativo dividido en dúas partes. Nunha primeira parte, máis teórica, aprenderás conceptos como que é o emprendemento e a filosofía do emprendedor, cliente ideal, mercado ou proposta de valor. Nunha segunda parte, por grupos, crearase un produto mínimo viable para colocar no mercado.

Como utilizar as ferramentas de Intelixencia Artificial máis coñecidas para mellorar o teu negocio

Aprende cales son e como utilizar as ferramentas de IA máis coñecidas para mellorar a túa empresa ou o teu proxecto. Conceptos básicos e promts.

Quen son os poñentes?

Ana Díaz

Especialista en marketing para e-commerce e proxectos dixitais. É emprendedora e creadora da Axencia de Márketing e Comunicación Arela.

Anxo Sánchez

Deseñador web, formador e mentor. Especialista en implementar webs de emprendedores. Creador da academia de formación online Medra.

Bárbara G. Vilariño

Consultora en comunicación e estratexia dixital. Freelance e colaboradora coa Axencia de Márketing de Las Once y Cuarto.

Javier Boquete

Mentor de márketing de proxectos de emprendemento galego. Especializado en estudo estratéxico de negocios.

Sara Pérez

Deseñadora gráfica freelance especialista en imaxe de marca, branding e deseño gráfico. Creadora da axencia Nanuc Design.

Saúl Vérez

Consultor SEO freelance, formador e deseñador web. É especialista en mellorar a visibilidade web das empresas. 

Onde se realizan os cursos?

No Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio

En Praza Papagaio, s/n. 15002, A Coruña. (Área de Benestar Social Departamento de Promoción Económica – Concello da Coruña).

Tes dúbidas dos cursos? Escribe a cursospapagaio@medra.gal.

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.