Aprende a escribir textos que atraen co copywriting
Seguro que máis dunha vez te preguntaches que fan eses negocios aos que lles vai ben e que están onde a ti che gustaría chegar. Vouche mostrar que é a escritura persuasiva ou copywriting e por que a necesitas para chegar a ese público co que queres traballar.
91
Minutos
12
Vídeos
2
Materiais de traballo
Por moi ben que fagas o teu traballo, se non o comunicas, ninguén o sabe.
Pero, ademais, hai formas de dicilo que resultan máis atractivas para o teu público ca outras, que chaman máis a súa atención e que facilitan que actúen como ti queres: subscribirse nunha newsletter, mercar un produto, contratar un servizo, responder unha publicación en redes, etc.
O caso é que, detrás de todo negocio que prospera, hai unha comunicación que lle axuda a mostrarse e a vender.
Sexa a que vemos de forma pública, como a través da web e das redes, ou a privada e interna, como o portfolio que lle envía aos negocios cos que aspira a traballar.
E para que ti tamén aprendas como escribir textos cos que atraer clientela imos ver técnicas de copywriting.
Comezando por ti e polo que queres conseguir, indagando sobre ese público ao que te dirixes e aprendendo as técnicas de escritura persuasiva que podes empregar para logralo.
Imparte o curso:
Marta Pastoriza
Estudei tradución e formeime tempo despois en copywriting ou escritura persuasiva. E, aínda que me dedico a ambas cousas, podería dicirse que o que máis fago é axudar a negocios honestos a mellorar a súa comunicación textual para que poidan mostrarse tal e como son, sen medo e sen edulcorar.
Porque para chegar ao público ao que te dirixes e que o teu negocio prospere, ademais de traballar ben, tamén tes que comunicalo.
Leccións do curso
- Que é copywriting e como pode axudar ao teu negocio.
- Persuación vs Manipulación.
- Obxectivos do copywriting.
- Investigación de a quen te dirixes.
- Investigación sobre o teu negocio.
- Que é e como se constrúe?
- Como construír unha personalidade de marca.
- Cal é o propósito?
- Misión, visión e valores.
- Como se expresa a personalidade de marca.
- Nome, ton e voz.
- Coñecer a quen te dirixes.
- Non lle podes gustar a todo o mundo.
- Quen é o teu público obxectivo?
- Que necesitas saber?
- Características, intereses, sentimentos e motivacións.
- Como se expresa?
- O traballo con datos.
- Onde atopar información?
- Que facer con toda a información?
- Canto sabe o cliente sobre o que vendes?
- O nivel de consciencia.
- Que nos fai dicir SI?
- Os 6 principios da persuasión.
- Que son e como os utilizamos?
- As 8 técnicas básicas da persuasión.
- Como utilizalas no teu favor.
- A fórmula AIDA. Os pasos do proceso de compra.
- 10 técnicas de escritura presentes en todos os textos persuasivos.
- Análise e explicación de cada unha. Como aplicalas.
- Canto tempo temos para convencer a un usuario de que quede na web.
- Normas que hai que ter en conta.
- Como estruturar unha páxina de inicio.
- E unha tenda online?
Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar
Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.
Acceso a todos os
Cursos
(un novo cada mes)
Escoita todas as
Conversas
con referentes galegos/as
Asistencia mensual ao
Soporte
e resolución de dúbidas