Aprende as regras para deseñar unha web atractiva
Nuns poucos segundos un visitante que entra á túa web faise unha idea de como é o negocio. E adoita ser para mal. Nunha páxina web ben deseñada as cousas teñen orde, estutura e sentido. Aprende a diferenza entre unha web cutre e unha profesional e fiable.
119
Minutos
9
Vídeos
3
Materiais de traballo
Neste curso, vouche mostrar os pasos previos que deberías dar antes de poñerte a deseñar a túa web en WordPress. Son pasos moi importantes que marcarán a folla de ruta a seguir a nivel estrutural, de contidos e de imaxe visual.
Ademais de contido teórico e didáctico, mostrareiche varios casos prácticos para que ti mesmo realices cada paso de todo o proceso, levado ao teu caso concreto.
En concreto, isto é o que che vou mostrar:
Como aplicar os 7 principios básicos de deseño gráfico que farán que a túa web destaque coma se fose deseñada por un profesional. Son principios tan elementais que cando os vexas dirás: como non me din conta antes?
As mellores técnicas para redactar os teus textos e que a túa web se converta no teu mellor comercial. De como leves a cabo este aspecto dependerá o éxito ou fracaso do teu proxecto. Así de sinxelo.
Como escoller e combinar as cores para que a túa web non pareza un club chungo de estrada. Neste punto está gran parte da diferenza entre unha web cutre e unha profesional e fiable.
Os criterios a seguir á hora de escoller as tipografías. Isto parece tan sinxelo na teoría que pensarás que até o teu can sabería facelo, pero moitísima xente falla neste aspecto e provoca que os seus visitantes abandonen a web.
A mellor maneira de escoller, optimizar e utilizar as imaxes. A diferenza entre unha web mala como pegar a un pai e unha web PRO, depende nun 80% das imaxes.
Como seleccionar, estruturar e organizar correctamente toda a información para que a túa web non pareza o outlet duns grandes almacéns o primeiro día de rebaixas.
Espero que o contido deste curso che sexa de axuda para estruturar e deseñar a túa web correctamente para que consigas un aspecto profesional.
Imparte o curso:
Edu Rubianes
Son Edu Rubianes e son Deseñador de Páxinas Web EFECTIVAS en Refrescando Negocios. Adícome a axudar a emprendedores e empresas a ter unha web moderna e fresca para mellorar a súa imaxe e as súas vendas.
Os meus clientes conseguen VENDER MÁIS coas súas páxinas web, grazas a que están estratexicamente deseñadas e optimizadas para atraer tráfico, retelo e transformalo en clientes.
Leccións do curso
- Que criterios hai que seguir para que a túa web luza como a dun profesional.
- Aprende estes 7 principios fundamentais e non volverás errar neles.
- Os textos son o contido máis importante dunha web.
- Aprende os 8 erros máis comúns á hora de escribir.
- Recomendacións que debes seguir para facer uns textos efectivos.
- Os 3 erros máis comuns á hora de escoller as cores da túa web.
- Tipos de cores e psicoloxía das cores.
- O círculo cromático, como sacarlle partido.
- 7 recomendacións no uso das cores nun sitio web.
- Cores principais e cores adicionais.
- Ferramentas para crear unha paleta de cores.
- Clasificación de tipografías, cales son?
- Algunhas funcionan mellor e outras peor.
- 7 recomendacións no uso das tipografías con exemplos.
- Ferramentas online para buscar e descargar tipografías.
- Seleccionar tipografías para títulos e parágrafos.
- Os 3 erros máis comuns á hora de escoller imaxes para a túa web.
- Formatos de imaxe, cal é o mellor para unha web?
- Busca imaxes de calidade e prepáraas para subir a unha web.
- Recorta, redimensiona e comprime tres imaxes para a túa páxina web.
- Ferramentas online para realizar este proceso.
- Casos de estudo con páxinas web reais.
Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar
Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.
Acceso a todos os
Cursos
(un novo cada mes)
Escoita todas as
Conversas
con referentes galegos/as
Asistencia mensual ao
Soporte
e resolución de dúbidas