Dálle vida á túa marca. Descubre o Branding dende cero
Aprenderás cales son os elementos fundamentais que conforman unha identidade gráfica sólida e efectiva, e como estes elementos traballan xuntos para transmitir unha mensaxe coherente e memorable. Como a teoría non é suficiente, serás quen de crear a túa propia marca desde cero.
62
Minutos
6
Vídeos
2
Materiais de traballo
Benvidos ao fascinante mundo do branding!
Neste curso, mergullarémonos nunha emocionante viaxe para descubrir como as marcas nos impactan dunha forma máis profunda do que imaxinamos.
Comezaremos cun pequeno experimento que nos abrirá os ollos á omnipresencia das marcas no noso día a día.
A continuación descubriremos que é exactamente iso do “branding”, explorando as claras diferenzas entre imaxe de marca e identidade de marca.
Falaremos dos elementos fundamentais que conforman unha identidade gráfica sólida e efectiva, e como estes elementos traballan xuntos para transmitir unha mensaxe coherente e memorable. Ata aquí, asentariamos unhas boas bases para o exercicio que vén a continuación.
Como a teoría non é suficiente, agora poñeremos en práctica o aprendido creando nosa propia marca desde cero.
Aprenderemos a estudar a fondo como é a marca a través do briefing, que podemos aprender doutras marcas e como usar iso para inspirarnos. Logo, mergullarémonos no proceso de elaborar un moodboard, elixir a paleta de cores e as tipografías corporativas que mellor representen a nosa marca.
Finalmente, veremos o resultado final de todo este proceso: unha marca auténtica e poderosa lista para enfrontarse ao mundo.
Tanto se tes unha marca a piques de nacer, como se xa é pública, únete a este emocionante viaxe de descubrimento e creación no fascinante mundo do branding!
Imparte o curso:
Sara Pérez
Son deseñadora gráfica e desde o meu estudo, Nanuc Design, dedícome a transformar ideas en experiencias visuais auténticas. Non se trata só de logotipos e cores; senón de contar historias visuais tan potentes como a singularidade de cada cliente.
Desde 2018, forxei un camiño que vai desde colaboracións con pequenas marcas locais ata proxectos emocionantes con empresas internacionais. En Nanuc cada proxecto é unha oportunidade para explorar, innovar e deixar unha marca memorable.
Leccións do curso
- Que vas aprender aquí.
- A invasión das marcas.
- O branding non é só un logotipo.
- Diferencias entre identidade de marca e imaxe de marca.
- Quen é o cliente do negocio e ao cal se dirixe a marca?
- Claves de marca.
- Inspiración e referencias.
- Briefing e claves da marca.
- Búsqueda de cores.
- Búsqueda de inspiración e referencias.
- Búsqueda de tipografías.
- Creación do logotipo principal.
- Xustificacións e por qués.
- Retículas e axustes ópticos.
- Logotipos secundarios ou submarcas.
- Positivos e negativos.
- Outros recursos gráficos.
- Coherencia visual: Aplicacións, texturas, fotografías…
- Que pasaría se “Nome da marca” non fixese un bo branding.
- Que conseguiu “Nome da marca” ao facer un bo branding.
- Que marca encaixa mellor no briefing de “Nome da marca”.
- Repasa o aprendido.
- Peche e próximos pasos.
Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar
Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.
Acceso a todos os
Cursos
(un novo cada mes)
Escoita todas as
Conversas
con referentes galegos/as
Asistencia mensual ao
Soporte
e resolución de dúbidas