Domina a túa web: aprende HTML e CSS desde cero

Detrás de toda páxina web hai un código que establece que elementos aparecen, que características teñen e como se comportan. E non sempre é posible realizar trocos co editor visual. Aprende o básico desde cero para non perderte, malia que non teñas coñecementos previos.

Reproducir vídeo

160

Minutos

15

Vídeos

6

Materiais de traballo

Unha páxina web non é máis que unha mestura de código de programación que funciona xunto e que establece que elementos aparecen, as súas características e como se comportan.

WordPress facilítanos moito a vida pois gran parte do deseño podemos facelo co editor visual.

Pero non todo.

Hai elementos, lugares concretos ou opcións específicas que escapan dos maquetadores de páxinas.

Algo tal simple como establecer unha cor diferente da predeterminada para unha ligazón ou un tipo de letra concreto distinto ao global é posible que teñas que facelo mediante código.

Neste curso aprenderás o básico do que hai por detrás da estrutura e os estilos dunha páxina web.

Explícoche desde o inicio que linguaxes se utilizan e o seu propósito.

Móstroche as etiquetas e propiedades básicas, acompañadas de exemplos creados nunha ferramenta online de libre uso que ti tamén poderás utilizar.

Entenderás como se combinan as diferentes linguaxes e que, no fondo, todo funciona xunto como se fose un engrenaxe axustado á perfección.

Conseguirás superar as dificultades iniciais e realizar exercicios básico de código. Cousas como cambiar a cor dunha ligazón ou o tamaño de letra xa non será estraño para ti.

Acompáñame desde a primeira lección paso a paso. Se segues a orde marcada poderás completar o curso, malia que non teñas coñecementos previos.

Imparte o curso:

David Viña

Son Full Stack Developer ou Desenvolvedor Web “de toda a vida”. Como máis che guste. Son un flipado da vida que lle deu por facer páxinas web, gustoume e aquí quedei.

Gústanme as páxinas web lixeiras e fluídas. Que carguen rápido sen elementos innecesarios, un código de programación limpo e un menor gasto de recursos. Estou especializado en WordPress, para o que programo temas e plugins.

Leccións do curso

  • Definicións teóricas mínimas para unha estrutura web.
  • Que é o HTML e para que serve esta linguaxe de marcado.
  • Características do HTML.
  • Que é o CSS e que obxectivo ten esa linguaxe de estilos.
  • Características do CSS.
  • Como se relacionan ambos.
  • As ferramentas e aplicacións utilizadas para codificar HTML e CSS.
  • Aplicacións grauitas online.
  • Aplicacións grauitas de escritorio (que se poden instalar no teu PC).
  • O HTML baséase en etiquetas que estruturan o contido.
  • Definición das etiquetas, exemplos e como usalas.
  • Características e tipos de etiquetas.
  • As etiquetas de HTML poden ter atributos.
  • Estes atributos conteñen información adicional.
  • Como se utilizan e exemplos de uso.
  • Coñece as etiquetas de HTML básicas que se utilizan nas páxinas web.
  • Como crear un parágrafo, unha ligazón, un título, unha lista de elementos…
  • Como crear o teu primeiro documento completo HTML.
  • Que etiquetas debes colocar e en que orde.
  • Que é un selector de CSS e como funcionan.
  • Que son as regras de estilo e para que valen.
  • Que aspectos dun elemento podes cambiar? Por exemplo, a cor, o tamaño, a aliñación do texto…
  • Unidades de medida para definir tamaños, posición, espazo…
  • Medidas relativas.
  • Medidas absolutas.
  • Consellos de uso.
  • Estilos básicos para o texto.
  • Estilos básicos para fondos.
  • Estilos básicos para bordos.
  • Estilos básicos para espazados.
  • Exemplos de uso.
  • O CSS controla como se amosa un elemento e que posición ocupa: que ocupe toda a liña, só un anaco…
  • Valores da propiedade display e a propiedade position.
  • Introdución ao Viewport. Definición do concepto.
  • Tamaño do Viewport.
  • As regras CSS sobre como se ven os elementos poden ser distintas dependendo do dispositivo.
  • Así, nun móbil as cousas non se ven igual que nun PC.
  • Introdución ás Media Queries e como se utilizan.
  • Que é o inspector do navegador e por que é tan útil.
  • Como se accede ao inspector.
  • Como funciona.
  • O código CSS ten prioridades.
  • A orde das prioridades e as especificidade do selector.
  • A regra !important.
  • Repaso do aprendido.
  • HTML e CSS.

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resolución de dúbidas

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.