Como crear a túa primeira campaña publicitaria online

Xestiona os teus orzamentos de publicidade dun xeito profesionalizado. Aprende a planificar unha campaña desde cero e coñece os conceptos básicos para contratar publicidade na Rede. Un curso pensado para persoas emprendedoras e negocios que queren planificar, medir e analizar o retorno das inversións.

Reproducir vídeo

90

Minutos

13

Vídeos

2

Materiais de traballo

O descoñecemento das posibilidades que ofrece a Rede para os pequenos anunciantes, fai que moitos negocios non se formulen facer campañas dixitais. Por outra banda, iniciarse na creación de campañas publicitarias sen ter uns coñecementos de base, pode facer que os anunciantes non saquen todo o rendemento ou non saiban avaliar se as campañas realmente funcionan.

En cinco módulos, este curso ten o obxectivo de acompañar a persoas emprendedoras, pequenos e medianos negocios, na profesionalización das súas campañas publicitarias. Unha guía para iniciarse na publicidade en Internet, desde a primeira toma de contacto cos conceptos básicos das campañas, ata a medición e a análise do retorno da inversión.

Un repaso polo panorama publicitario en Internet, para entender como funciona a publicidade online e as diferentes formas para contratar espazos publicitarios en medios e soportes dixitais.

Recomendacións e boas prácticas para poder lanzar campañas rendibles e orientadas a conseguir os obxectivos do negocio, exemplos prácticos baseados en casos reais para ver a aplicación concreta de cada contido e un glosario con termos que se empregan no mundo do márketing dixital e que fai asequible a información do curso para as persoas que non teñen coñecementos previos.

Unha ficha de traballo descargable coas indicacións precisas para que calquera persoa que complete o curso poida planificar e lanzar unha campaña publicitaria dun xeito profesional; desde a definición dos obxectivos e o público obxectivo, ata a medición dos resultados e a análise do retorno da inversión.

Este curso pretende servir de base tanto para as persoas que busquen lanzar a súa primeira campaña, como para aqueles negocios que externalizan a publicidade pero queren saber como analizar os resultados obtidos.

Imparte o curso:

Ana Díaz

Traballo no marketing por vocación, encántanme os datos e gústame medir, probar e analizar cada acción co obxectivo de optimizar os orzamentos. Desenvolvemento de proxectos de comunicación con compromiso social.

Cun enfoque profesional orientado a resultados, non é de estrañar que me acabe especializando en marketing para e-commerce e proxectos dixitais.

Leccións do curso

  • Que é a publicidade en liña e como funciona.
  • Compra de medios.
  • Vantaxes da publicidade en Internet.
  • Como levar a cabo a compra de publicidade en Internet.
    • Contratación de publicidade.
    • Tipos de contratación: a custe fixo, CPM, CPC, CPL e CPA.
  • Comprar audiencias en Internet.
    • As famosas cookies.
    • Que é o remárketing.
    • Compra programática.
    • Como contratar publicidade?
  • Que medios empregan os negocios pequenos e medianos?
  • Banners e anuncios display.
  • Anuncios en redes sociais.
  • SEM. Publicidade nos buscadores.
  • Google Ads.
  • Afiliación.
  • Influencers.
  • Obxectivos.
  • Público obxectivo.
  • Orzamento.
  • Calcular o Valor de Vida (LTV) dun cliente.
  • Selección de soportes e medios.
  • Preparar materiais da campaña.
  • Medir unha campaña de publicidade.
  • Establecer os KPI.
  • ROI (Return on Investment).
  • ROAS (Return on Advertising Spend).
  • CAC (Custe de Adquisición Cliente).
  • Fontes de información para a medición.
  • Google Analytics.
  • KPI de campañas: display, social ads, afiliación e influencers.
  • Cadro de mandos.
  • Optimización de campañas.

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resolución de dúbidas

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.