Docentes

Ana Díaz

Traballo no marketing por vocación, encántanme os datos e gústame medir, probar e analizar cada acción co obxectivo de optimizar os orzamentos. Desenvolvemento de proxectos de comunicación con compromiso social.

Cun enfoque profesional orientado a resultados, non é de estrañar que me acabe especializando en marketing para e-commerce e proxectos dixitais.

Cursos

Anxo Sánchez

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a construir un proxecto dixital optimizado, que teña visibilidade e consiga clientes a través de Internet.

Sei que os inicios de todo proxecto son duros. Eu tamén son emprendedor, xa pasei por iso e superei as barreiras que ti tes diante. Podes contar comigo. Sen enganos.

Cursos

Bárbara G. Vilariño

Bárbara G. Vilariño (A Coruña, 1987) son licenciada en Xornalismo Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente traballo como consultora de comunicación freelance, especializada en comunicación e estratexia dixital tras desenvolver a miña carreira durante 14 anos para compañías de presenza internacional de diferentes sectores B2B e B2C, como o enerxético, industrial, deportivo, cultural ou e institucional.

Cursos

David Viña

Son Full Stack Developer ou Desenvolvedor Web “de toda a vida”. Como máis che guste. Son un flipado da vida que lle deu por facer páxinas web, gustoume e aquí quedei.

Gústanme as páxinas web lixeiras e fluídas. Que carguen rápido sen elementos innecesarios, un código de programación limpo e un menor gasto de recursos. Estou especializado en WordPress, para o que programo temas e plugins.

Cursos

Edu Rubianes

Son Edu Rubianes e son Deseñador de Páxinas Web EFECTIVAS en Refrescando Negocios. Adícome a axudar a emprendedores e empresas a ter unha web moderna e fresca para mellorar a súa imaxe e as súas vendas.

Os meus clientes conseguen VENDER MÁIS coas súas páxinas web, grazas a que están estratexicamente deseñadas e optimizadas para atraer tráfico, retelo e transformalo en clientes.

Cursos

Javier Boquete

O meu nome é Javier Boquete e son mentor de márketing de proxectos de emprendemento galego.

Con máis de 20 anos de experiencia en departamentos de márketing e publicidade e tamén como emprendedor, ofrezo os meus servizos e coñecemento a todos os que están dispostos a se adentraren na apaixonante aventura de converter soños profesionais en éxitos.

Cursos

Marta Pastoriza

Estudei tradución e formeime tempo despois en copywriting ou escritura persuasiva. E, aínda que me dedico a ambas cousas, podería dicirse que o que máis fago é axudar a negocios honestos a mellorar a súa comunicación textual para que poidan mostrarse tal e como son, sen medo e sen edulcorar.

Porque para chegar ao público ao que te dirixes e que o teu negocio prospere, ademais de traballar ben, tamén tes que comunicalo.

Cursos

Sara Pérez

Son deseñadora gráfica e desde o meu estudo, Nanuc Design, dedícome a transformar ideas en experiencias visuais auténticas. Non se trata só de logotipos e cores; senón de contar historias visuais tan potentes como a singularidade de cada cliente.

Desde 2018, forxei un camiño que vai desde colaboracións con pequenas marcas locais ata proxectos emocionantes con empresas internacionais. En Nanuc cada proxecto é unha oportunidade para explorar, innovar e deixar unha marca memorable.

Cursos

Saúl Vérez

Son Saúl Vérez, consultor SEO, formador e deseñador web.

A miña paixón é mellorar a visibilidade web das empresas, ofrecendo solucións personalizadas que impulsen a súa presenza en liña. Comprometido co éxito dos meus clientes, emprego estratexias innovadoras para optimizar o contido e a mellora do seu deseño web.

Cursos

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.