SEO desde cero: guía práctica para emprendedores/as

Aprende os conceptos básicos de como facer que outras persoas atopen a túa páxina web en Google. O que se chama Posicionamento Web SEO. Introducción, terminoloxía, ferramentas e boas prácticas.

Reproducir vídeo

125

Minutos

7

Vídeos

3

Materiais de traballo

Neste curso de SEO prepárate para embarcar nunha viaxe apasionante polo mundo do posicionamento en buscadores. Aquí tes un resumo do que aprenderás:

O punto de partida será SEO desde cero, guía práctica para emprendedoras/es dixitais. Comenzamos cos fundamentos. Descubrirás o que é o SEO e a súa vital importancia para os negocios online. Este módulo serve como unha introdución ideal para principiantes.

A continuación abordaremos os primeiros pasos no SEO: dominando palabras clave e analizando a competencia. Profundizarás na investigación de palabras clave a través de ferramentas gratuitas, unha habilidade crítica para calquera profesional de SEO. Aprenderás a identificar termos relevantes que dirixan tráfico cualificado ao teu sitio e analizarás a competencia para descubrir oportunidades.

Como aplicar o SEO na túa web é fundamental. A Maxia do SEO On-Page. Esta lección céntrase en optimizar elementos clave do teu sitio, como títulos, meta descripcións e a integración de palabras clave. Aprenderás técnicas para facer que o teu contido resoe tanto con usuarios como con motores de busca.

Técnicas SEO: fai que o teu sitio brille nos motores de búsqueda. Aquí, exploraremos os conceptos básicos do SEO técnico, incluíndo a velocidade do sitio, a súa compatibilidade con dispositivos móbiles e a creación de sitemaps eficaces.

Entrando en cuestións avanzadas, ensinareiche como se construen pontes dixitais: Link Building e SEO Off-Page. Descubre estratexias para construír enlaces de calidade que aumenten a autoridade do teu sitio e melloren o seu posicionamento.

Non me podo esquecer das ferramentas de monitoreo e análise SEO. Aprenderás a usar ferramentas como Google Analytics e Google Search Console para monitorizar e analizar o rendemento do teu sitio.

Por último, dareiche consellos e boas prácticas en SEO. Finalizaremos cun resumo dos puntos clave e consellos adicionais para manter unha estratexia SEO exitosa a longo prazo.

Este curso proporcionarache unha base sólida en SEO, desde os fundamentos ata estratexias un pouco máis avanzadas, preparándote para comprender e impulsar a visibilidade do teu negocio en liña.

Imparte o curso:

Saúl Vérez

Son Saúl Vérez, consultor SEO, formador e deseñador web. A miña paixón é mellorar a visibilidade web das empresas, ofrecendo solucións personalizadas que impulsen a súa presenza en liña. Comprometido co éxito dos meus clientes, emprego estratexias innovadoras para optimizar o contido e a mellora do seu deseño web.

Leccións do curso

  • Introdución ao Posicionamento web SEO.
  • Definicións e obxectivos.
  • Como realizar unha investigación de palabras clave efectiva.
  • Como analizar á competencia do teu sector.
  • Técnicas para optimizar o contido da túa páxina web.
  • Títulos, meta descripcións e uso de palabras clave.
  • Conceptos básicos de SEO técnico.
  • Velocidade do sitio, móbil-friendly, sitemaps.
  • Que técnicas SEO podes facer fóra da túa páxina web.
  • Estratexias para construír ligazóns de calidade.
  • Presentación e uso de ferramentas.
  • Google Analytics. Analítica web.
  • Google Search Console.
  • Resumo dos puntos clave.
  • Consellos adicionais.

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resolución de dúbidas

Únete á newsletter

E leva o primeiro curso por email de balde só por apuntarte.