Política de privacidade

Normativas

A presente política de privacidade web está en concordancia co establecido nas seguintes lexislacións:

  • Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, en adiante LOPDGDD.
  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, Regulamento xeral de protección de datos, en adiante, RGPD.

Responsable do tratamento dos seus datos persoais

  • Denominación Social: Anxo Sánchez García.
  • Nome comercial: Medra.
  • CIF: 54125547S
  • Enderezo postal: Lugar da Torre, 16. San Miguel de Orbazai. 27297 – Lugo
  • Teléfono: 644-583-020
  • Correo electrónico: info@medra.gal

Finalidade do tratamento dos seus datos persoais

O propósito do tratamento dos seus datos persoais é prestarlle servizos de membresía relacionados co asesoramento a emprendedores que desexen impulsar un negocio a través de Internet, impartindo cursos do tipo: pasos estratéxicos antes de emprender; como crear unha páxina web desde cero; forma de conseguir un dominio e espazo en Internet; primeiros pasos para comercializar en redes sociais etc., mediante formación non regrada.

Tempo de conservación dos seus datos persoais

Segundo sinala o art., 5.1.e (limitación do prazo de conservación) do RGPD, os datos persoais serán mantidos de forma que se permita a identificación dos interesados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento dos datos persoais, non obstante, os datos persoais poderán conservarse durante períodos máis longos, baixo determinadas circunstancias, se ben os datos deben permanecer bloqueados, interrupción que consiste segundo determina o art., 32.2 do LOPDGDD, na identificación e reserva dos datos persoais, adoptando as medidas técnicas e organizativas apropiadas para impedir o seu tratamento, incluíndo a súa visualización, agás para a posta a disposición dos datos persoais a Xuíces e Tribunais, Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, en particular, ás autoridades de protección de datos para a exixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo da súa prescrición ou ata que o interesado cancele os seus datos persoais.

Lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais

A base legal para o tratamento dos seus datos ten o seu fundamento no art. 6.1, (licitude do tratamento), o cal indica que, o tratamento só será lexítimo se se cumpre polo menos unha das seguintes condicións:

  • O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos e/ou,
  • O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais.

Destinatarios aos que se lle comunicarán os seus datos persoais

Unicamente asumindo que a cesión de datos é toda comunicación por transmisión e/ou difusión de datos de carácter persoal que se realiza a un terceiro, ben sexa este persoa física ou xurídica, pública ou privada, autoridade pública (Xuíces e Tribunais, Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes) servizo ou organismo, en ningún caso cederemos os seus datos persoais a outras persoas ou entidades sen o consentimento previo do interesado, salvo a existencia dunha obrigación legal.

Non obstante, no seu caso, si comunicaremos  os seus datos persoais a aquelas entidades que presten un servicio externo, na súa calidade de encargados de tratamento a Anxo Sánchez García, pero sempre cumprindo co sinalado no artigo 28 do RGPD.

Dereitos que lle asisten coando nos facilita os seus datos persoais

O interesado pode en todo momento exercer os dereitos fundamentais que establece o Capítulo II (Exercicio de dereitos) do RGPD:

  • Dereito de acceso. (art. 15): O interesado terá dereito a obter do responsable do tratamento confirmación de se se están tratando ou non datos persoais que lle concirnen e, en tal caso, dereito de acceso aos datos persoais.
  • Dereito de rectificación. (art. 16): O interesado terá dereito a obter sen dilación indebida do responsable do tratamento a rectificación dos datos persoais inexactos que lle concirnan.
  • Dereito de supresión ou dereito ao esquecemento. (art. 17): O interesado terá dereito a obter sen dilación indebida do responsable do tratamento, a supresión dos datos persoais que lle concirnan.
  • Dereito de limitación. (art. 18): En determinadas circunstancias o interesado terá dereito a obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos persoais.
  • Dereito de portabilidade dos datos. (art. 20): O interesado terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban que facilitase a un responsable do tratamento nun formato estruturado de uso común e lectura mecánica e a transmitilos a outro responsable do tratamento.
  • Dereito de oposición (Art. 21.): En determinadas circunstancias, o interesado terá dereito a oporse en calquera momento, por motivos relacionados coa súa situación particular, a que los datos persoais que lle concirnan sexan obxecto dun tratamento.

En todo caso, se o interesado non está de acordo co modo no que Anxo Sánchez García está tratando os seus datos, pode dirixirse á Autoridade de Control en materia de protección de datos, é dicir, á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) na web: www.aepd.es

Finalmente indicámoslle que, vostede poderá exercitar estes dereitos mediante o envío dun correo electrónico a: info@medra.gal, anexando copia do DNI ou documento acreditativo de identidade equivalente.

Forma de obtención dos seus datos persoais

Os datos persoais que tratamos proceden do interesado ou do seu representante legal. Os usuarios aceptan expresamente que os seus datos persoais sexan tratados por parte do responsable para dar resposta ás solicitudes formuladas.

O responsable informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos en ningún caso a terceiras entidades alleas á prestación do servizo e que sempre que fose realizarse algún tipo de cesión de datos persoais, de forma previa, solicitaríase o consentimento expreso, libre, informado e inequívoco por parte dos titulares.

Todos os datos solicitados a través do sitio web son obrigatorios, xa que son necesarios para a prestación dun servizo óptimo ao usuario. En caso que non sexan facilitados todos os datos, o responsable non garantirá que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.

O usuario poderá darse de baixa de calquera dos servizos de subscrición facilitados e tamén de todos os correos electrónicos remitidos por parte do responsable a través do enderezo de correo: info@medra.gal.

As categorías de datos persoais tratados son:

Os datos persoais que deben ser achegados polo cliente e que se necesitan para a adquisición dos cursos son:

  • Nome e apelidos,
  • Correo electrónico,
  • Número de DNI,
  • Contrasinal,
  • Ligazóns de acceso,
  • No seu caso, dirección fiscal,
  • Ou outros datos persoais que queira achegar o cliente.

Medidas de seguridade

Do mesmo modo, en cumprimento do establecido no art., 32 do RGPD. Anxo Sánchez García, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco.

Ao avaliar a adecuación do nivel de seguridade teranse particularmente en conta os riscos que presente o tratamento de datos, en particular, como consecuencia da destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutra forma, ou a comunicación ou acceso non autorizados aos ditos datos.

A presente Política de Privacidade foi actualizada o 31 de xaneiro de 2024.

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.