Aviso legal

Titularidade

No cumprimento co establecido no artigo 10 (Deber de información) da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), a continuación, fanse constar os datos identificativos do responsable da páxina web https://medra.gal/, en adiante, o Sitio Web.

  • Denominación Social: MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L.
  • Nome comercial: Medra.
  • NIF: B75339333.
  • Enderezo postal: Lugar da Torre, 16. Orbazai. 27297 (Lugo)
  • Teléfono: 644-583-020
  • Correo electrónico: info@medra.gal
  • Actividade que realiza: venda de servizos de márketing, cursos e ebooks. Podcast de Márketing.

Finalidade

A finalidade do Sitio Web é brindar aos usuarios o asesoramento a emprendedores que queiran lanzar un negocio a través de Internet, mediante formación non regrada, ofrecendo cursos do tipo:

  • Pasos estratéxicos esenciais antes de emprender.
  • Como crear o teu primeiro sitio web desde cero.
  • Consigue o teu dominio e o teu espazo en Internet.
  • Xestionar a lista de subscritores e usuarios adscritos ao curso.
  • Etc.

Adicionalmente tamén se ofrecer servizos profesionais de deseño web, deseño de tendas online, posicionamento web SEO ou consultoría de márketing dixital.

Usuarios

O acceso e/ou uso do presente Sitio Web atribúe a condición de Usuario, o cal acepta os presentes termos de uso, non obstante, polo simple uso do Sitio Web por parte do Usuario, isto non significa o inicio de relación laboral/comercial algunha. Os termos de uso do presente aviso legal, serán de aplicación, independentemente das Condiciones Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimiento.

Uso do Sitio Web

O Sitio Web proporciona ao Usuario acceso ás informacións e servizos en Internet, cuxa titularidade corresponde a MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L., ou a terceiros aos que, no seu caso, o Usuario puidese ter acceso.

O Usuario asume a responsabilidade de uso do Sitio Web. A dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No dito rexistro, o Usuario será responsable de achegar información veraz e lícita.

Como consecuencia do rexistro, ao Usuario pódeselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial del. Igualmente, o usuario obrígase a facer un manexo adecuado dos contidos e servizos que MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. ofrece a través do seu Sitio Web e con carácter enunciativo, pero non limitativo, ao non empregalos para:

  • Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
  • Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos.
  • Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Empresa dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede, virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos anteriormente descritos.
  • Intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública o que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación.

En calquera caso, MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non será responsable, dentro dos límites marcados pola lei, das opinións

vertidas polos usuarios no seu Sitio Web a través de calquera ferramenta de participación. (Se a houbese.)

Datos obtidos

Os datos persoais que deben ser achegados polo cliente e os cales se necesitan para a adquisición dos cursos ou servizos profesionais son os seguintes: nome e apelidos, correo electrónico, contrasinal, número de identificación (só se solicitan factura), ligazóns de acceso e, no seu caso, enderezo fiscal.

Captura da información

A captación da información proporcionada polo Usuario, pódese levar a cabo a través de:

  • Formulario de contacto, onde o usuario deberá cumprimentar os campos: nome e correo electrónico.
  • Formulario Newsletters, onde o usuario deberá cumprimentar os campos: nome e correo electrónico.
  • Cookies de rastrexo, conforme ás seguintes regras. Navegación e Enderezo IP: Ao navegar polo Sitio Web, o usuario facilita de forma automática ao servidor do Sitio Web, información relativa ao seu enderezo IP, data e hora de acceso,  hipervínculo que lle reenviou a estas, o seu sistema operativo e o navegador utilizado.

O anteriormente descrito non limita para que o usuario poida darse de baixa en calquera momento dos servizos prestados por MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. ou os datos achegados polo usuario, dando cumprimento á normativa vixente sobre Protección de Datos.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os signos distintivos, marcas, nomes comerciais, contidos, estrutura, deseño e forma de presentación dos elementos e calquera outra información que apareza no presente Sitio Web son propiedade de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. si ou como cesionaria e están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual.

O usuario ten prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación dos elementos referidos no apartado anterior sen autorización expresa de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L..

O usuario absterase de empregar medios que poidan suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistemas de seguridade que poidan estar instalados e que comporten un risco ou dano ou inutilización do Sitio Web e/ou os seus contidos.

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non se responsabiliza do posible uso inapropiado que terceiros realicen do presente Sitio Web, nin da información que a través del transmitan a terceiros. O uso dos contidos que poida facer o usuario e as eventuais consecuencias, danos ou prexuízos que puidesen derivarse, son da exclusiva responsabilidade do usuario.

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non asume responsabilidade algunha polos danos e prexuízos de toda natureza causados aos usuarios polo uso de ligazóns (links), directorios e ferramentas de busca que permitan aos usuarios acceder a Sitios Web pertencentes e/ou xestionados por terceiros, así como da presencia de virus ou outros códigos maliciosos nos contidos que poidan producir calquera tipo de dano no sistema informático, documentos electrónicos ou arquivos dos usuarios.

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. resérvase o dereito de exercitar as accións legais que considere oportunas derivadas de calquera uso ilícito por parte de terceiros dos contidos do seu Sitio Web.

Exclusión de garantías e responsabilidade

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non se fai responsable en ningún caso dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Modificacións

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través do Sitio Web como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal, sendo debidamente publicados como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

Política de ligazóns

As persoas ou entidades que pretendan realizar ou realicen unha hiperligazón desde unha páxina web doutro portal de Internet ao Sitio Web de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. deberán someterse ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución total ou parcial de ningún dos servizos nin contidos do Sitio Web sen a autorización previa e expresa de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L..
  • Non se establecerán deep-links nin ligazóns IMG ou de imaxe, nin frames co Sitio Web de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. sen a súa expresa e previa autorización.
  • Non se establecerá ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Sitio Web de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L., nin sobre os servizos ou os seus contidos, salvo aqueles signos que formen parte do hipervínculo. A páxina web na que se estableza, non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos pertencentes a MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L., salvo autorización expresa deste.
  • O establecemento do hipervínculo non implicará a existencia de relacións comerciais entre MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. e o titular da páxina web ou do portal desde o cal se realice, nin e coñecemento nin a aceptación de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. dos servizos e contidos ofrecidos na dita páxina web ou portal.
  • MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web ou portal desde o cal se realice o hipervínculo, nin das informacións e/ou manifestacións incluídas neles.
  • O Sitio Web de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. pode poñer a disposición do usuario conexións e ligazóns a outros sitios web xestionados e controlados por terceiros. As ditas ligazóns teñen como exclusiva función a de facilitar aos usuarios a busca de información, contidos e servicios en Internet, sen que en ningún caso poida considerarse unha suxestión, recomendación ou invitación para a súa visita.
  • MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non comercializa, nin dirixe, nin controla previamente, nin fai propios os contidos, servizos, informacións e manifestacións dispoñibles nos ditos sitios web.
  • MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servicios existentes ou ofrecidos nos sitios web non xestionados por MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. e, que resulten accesibles a través de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L..

Xeneralidades

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. perseguirá o incumprimento das condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

Reclamacións e dúbidas

MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. informa que existen folas de reclamación a disposición de usuarios e clientes pudendo remitir un correo electrónico a: info@medra.gal indicando o seu nome e apelidos, o servizo adquirido e expoñendo os motivos da súa reclamación. Tamén pode dirixir a súa reclamación por correo postal dirixido a: MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. (Lugar da Torre, 16. Orbazai. C.P. 27297 – Lugo).

Lexislación aplicable e xurisdición

A relación entre MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. e o Usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo.

O presente Aviso Legal foi actualizado o 09 de xaneiro de 2025.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet