A páxina web que necesitas para vender

Se a túa web non está pensada para atraer clientes, non é un investimento, é un gasto. Pensa niso. Axúdoche a que venda por ti!

Anxo Sánchez dando unha charla na Meetup da Coruña
Anxo Sánchez presentando unha charla na Coruña

Deseño de páxinas web en Galicia para negocios que queren vender online

A túa web pode ser a mellor vendedora… ou un gasto

Ter unha web non é suficiente. O importante é que funcione, atraia clientes e xere vendas.

Porque unha páxina web ben feita non é só unha tarxeta de presentación online, é a túa mellor ferramenta para captar clientes, diferenciarte da competencia e evitar que a túa empresa pase inadvertida en Internet.

A maioría de webs fallan porque non están optimizadas para pasar de visitas a clientes. Son lentas, están mal estruturadas ou simplemente non transmiten o que deberían. O meu traballo é solucionar iso.

Axúdoche a crear unha web memorable, que traballe para ti as 24 horas do día e poida xerar novas oportunidades de negocio.

Se a túa web non vende, só é unha factura máis. E non creo que queiras pagar por iso.

O proceso que fai que a túa páxina web venda

Así creo o teu deseño web profesional

Analizamos o mercado no que te insires e atopamos os teus clientes ideais

Non basta con ter unha web, hai que saber para quen a fas. Estudamos o teu público, a competencia e definimos a estratexia para atraer aos clientes axeitados.

Revisamos os textos e estruturamos os contidos para o posicionamento web SEO

Os textos da túa web non poden ser unha trangallada sen xeito. Adaptámolos para que te atopen en Google e para que os teus clientes entendan rápido o que ofreces.

Aplicamos un deseño adaptado á túa marca, identidade corporativa e estilo

A túa web ten que representarte. Creo un deseño que encaixe cos teus valores e que faga que a túa audiencia se sinta cómoda navegando. Recorda que a páxina non debe gustarte a ti, senón aos teus clientes.

Velocidade e seguridade. Optimizamos a web e evitamos hackeos

A velocidade e a seguridade importan. Asegúrome que a páxina cargue rápido, que funcione ben en móbil (a estas alturas aínda hai webs que non!) e que estea protexida contra ataques.

A web que necesitas, agora e ben feita

Deseño web optimizado para atraer clientes

Publicaches a túa web. 

Agora… a facerse de ouro, cuñado!

Pasan os días… e nada. Comprobas con mágoa que esas poucas visitas non suben. A túa páxina é invisible no océano de Internet.

O tempo pasa e segues sen solución. Sabes que tes unha boa proposta de valor, pero ninguén te atopa. Non pode ser tan difícil, verdade?

Por sorte, hai unha boa nova. non é difícil se a web está ben feita. Precisas unha páxina optimizada, rápida e pensada para converter visitantes en clientes. Se non funciona, é como non tela!

O trato con Anxo Sánchez foi cómodo, áxil e cumpriu todas as miñas expectativas. Coñecín o seu traballo por recomendacións de compañeiras do sector e contratei os seus servizos porque necesitaba crear unha páxina web que se adaptase aos requirimentos do mercado laboral da tradución. O resultado final é inmellorábel, xa que aportou ideas de moito valor desde o primeiro momento e que a min nunca se me ocorrerían. Recomendo a toda persoa que traballe por conta propia que contrate os seus servizos porque gañará un espazo de seu para se pór en valor e destacar no sector que se adapte a un deseño actual, dinámico e profesional.

Jose Rodríguez
Tradutor audiovisual e localizador

Anxo non só nos axudou co desenvolvemento e deseño da nosa web, senón que tamén nos guiou en cada paso para fortalecer a nosa identidade de marca e, con ela, impulsar o noso proxecto.

Estivo sempre á nosa disposición, acompañándonos e achegando os seus coñecementos dun xeito humilde e sensato. Destaca o seu enfoque eficiente e minucioso, guiándonos en todo o proceso e proporcionándonos ferramentas valiosas para seguir avanzando de forma autónoma no futuro.

Durante o proceso, tomou o tempo necesario para comprender en profundidade o noso enfoque e transmitilo na web de maneira harmoniosa e orgánica. Grazas ao seu constante apoio, empatía, didáctica e profesionalidade, logramos un dos nosos principais obxectivos: dar os nosos primeiros pasos no mundo virtual e comezar a posicionarnos como proxecto.

Sen dúbida, recomendaría traballar con el.

O seu trato próximo brindounos non só unha valiosa achega profesional, senón tamén pedagóxica, compartindo moitos dos seus coñecementos para que os poidamos aplicar de forma independente no futuro. Isto demostra non só a súa gran capacidade técnica, senón tamén o seu valor como persoa.

Suyay Simaes
Somos Antü

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet