Aprende, mellora e fai medrar o teu negocio
Ensínoche a usar as mellores estratexias para captar clientes, aumentar vendas e optimizar o teu negocio dixital.


Aprende márketing dixital desde a experiencia real do mercado
Formación práctica para facer crecer o teu negocio online
O márketing dixital pode parecer complexo, pero non ten por que selo. Se sabes como funciona, podes atraer clientes e vender máis.
Levo anos formando profesionais, emprendedores e empresas en obradoiros e relatorios sobre temas clave. Aquí algúns exemplos:
- Como crear a túa primeira web con WordPress sen complicacións.
- Como comezar a vender cunha tenda online de 0 a 100.
- Como ser visible en Internet e atraer tráfico de calidade.
- Como crear páxinas de conversión que realmente funcionen.
Falei en masters, fundacións, empresas e eventos do sector. Tantos que non me collen aquí todos. Tamén participo na comunidade de WordPress, impartindo charlas sobre páxinas web e visibilidade online.
A formación que imparto non é teoría baleira. Sae directamente da miña experiencia no mercado.
Unha estratexia real para vender en Internet
Consultoría, diagnóstico, solucións e accións concretas
Ter presenza en Internet non significa que te atopen, que te elixan ou que te compren. Se o márketing non está ben enfocado, son cartos tirados.
Na consultoría analizo o que xa tes, detecto os puntos febles e marco un plan de acción claro para que consigas os obxectivos do teu negocio.
- A túa web está realmente optimizada para atraer clientes?
- Os teus produtos ou servizos están presentados de xeito atractivo?
- Como podes diferenciarte da competencia e destacar online?
- Cales son os mellores canais para captar clientes no teu sector?
Entrego solucións claras e aplicables. Sen fume, sen xiros complicados. Simplemente accións que funcionan.


O apoio que necesitas para lanzar o teu negocio dixital
Acompañamento experto para facer crecer o teu negocio
Emprender en Internet é máis que ter unha idea. É tomar decisións intelixentes, evitar erros comúns e construír un proxecto sostible.
Como mentor no programa PMTA da Fundación Ronsel e Xunta de Galicia, acompaño a novos negocios dixitais axudándoos a estruturar a súa estratexia, validar o seu mercado e escalar as súas vendas.
Se queres lanzar o teu negocio dixital pero sentes que non avanzas, tes dúbidas sobre a túa estratexia ou precisas unha guía clara para seguir o camiño correcto, aquí estou para axudarte.
Mentorizo proxectos con enfoque realista e práctico, para que non perdes tempo nin cartos en accións que non funcionan.
Quixera agradecer a Anxo Sanchez pola excelente labor realizada na elaboración da páxina web para a nosa empresa Adiva do Eume SL. Empresa adicada ao alugueiro vacacional.
A destacar a simbiose desde o principio co xeito de traballar de Anxo. Bastou unha idea preliminar cun listado de necesidades, tres correos e un teams, para que se puxera mans a obra e que o resultado alén de rápido fose óptimo, superando con creces as miñas expectativas.
Esta páxina alén dunha maior visibilidade, permítenos non depender en exclusiva das plataformas maioristas como Booking, Airbnb etc… O que redunda nunha maior independencia e polo tanto un maior marxen de beneficio para a nosa empresa e un abaratamento para os viaxeiros.
Para rematar, quixera recomendar, por todo o anterior indicado, os servizos de Anxo a calquer empresa ou ente que queira elaborar unha paxina web para a sua actividade.

Traballar con Anxo foi unha experiencia verdadeiramente positiva na modernización da nosa páxina web e actualmente é o noso consultor de confianza no mundo dixital.
A súa grande habilidade para entender o qué lle pedíamos e a súa rapidez en presentar propostas que incluso melloraban o solicitado foi excepcional.
Tamén valoramos moito a súa implicación e acompañamento no proxecto, o cumplimento das metas establecidas e a súa intelixencia para entender as singularidades do noso sector. Estas habilidades de Anxo fan que teñamos un alto grao de satisfacción del como profesional e como persoa.
Sen dúbida, recomendaría os seus servizos a calquera que busque mellorar ou iniciar o seu proxecto dixital.

Saber por onde comezar é clave
Podo axudarte a acelerar resultados, evitar erros e poñer en marcha un plan claro para que avances sen dubidar. Se queres formación, consultoría ou mentorización realista e enfocada en accións concretas, escríbeme!
