Vende os teus produtos online sen complicacións

Axúdoche a crear unha tenda en liña optimizada, sen que perdas tempo investigando plataformas que non funcionan.

Anxo Sánchez dando unha charla en Coruña Bloggers
Anxo Sánchez sinlando nunha charla na Coruña

Deseño de tendas online en Galicia para vender máis e mellor

A túa tenda online optimizada para vender desde o día 1

Vender por Internet é moito máis que montar unha tenda online e esperar. Se non está optimizada, se os clientes non a atopan, se non confían en ti ou se a experiencia de compra é lenta, ninguén mercará.

Por iso, non se trata só de poñer os teus produtos en liña. A clave está en crear unha tenda optimizada, que convenza e que faga que os clientes namoren nunha primeira ollada.

A maioría das tendas online fallan porque son complexas, confusas ou non inspiran confianza. O meu traballo é evitar que perdas tempo e cartos en plataformas que non funcionan e axudarche a lanzar unha tenda sinxela, rápida e pensada para vender.

Porque unha tenda non é só un escaparate. E a esa meta é á que intentaremos chegar xuntos.

O proceso para crear a túa tenda online

Así deseño tendas online optimizadas para vender

Análise de mercado e revisión de contidos para o posicionamento web SEO

Antes de crear a tenda estudamos a competencia, os teus clientes potenciais e as tendencias do sector. Revisamos os textos para que transmitan a túa proposta de valor e estean optimizados para Google, garantindo que os clientes te atopen cando busquen o que ofreces.

Deseño da interface da tenda adaptado ao teu negocio, identidade corporativa e marca

A primeira impresión conta. Creamos un deseño atractivo, intuitivo e adaptado a túa identidade de marca. A navegación debe ser sinxela, a información clara e o proceso de compra fluído para que os visitantes non marchen de contado.

Configuración de produtos, pagos, envíos e facturación sen complicacións

Configuramos a tenda con todo o que necesitas: subida de produtos simples e variables, galerías de imaxes, prezos, impostos e facturas. Tamén integramos as pasarelas de pagamento máis usadas e configuramos os envíos para que todo funcione sen problemas.

Seguridade, optimización e velocidade para mellorar as conversións

Unha tenda lenta fai que os clientes marchen. Optimizamos a velocidade de carga, implementamos medidas de seguridade contra ataques e aseguramos que a web funcione perfectamente todos os dispositivos. Debe inspirar confianza  e un proceso de compra sinxelo.

Vende máis e xestiona menos. Así de simple.

A túa tenda online, sen problemas nin sorpresas

Ter unha tenda online non debería ser unha carreira de obstáculos. 

Mais é habitual que si o sexa: problemas técnicos, pagamentos que fallan, clientes que non atopan o que buscan, envíos mal configurados…

Unha tenda ben feita non só vende máis, senón que funciona sen que teñas que andar detrás dela todo o día. Menos tempo resolvendo problemas, máis tempo facendo medrar o teu negocio.

Se queres unha tenda online lista para vender sen problemas, que se adapte ao teu negocio e que che aforre horas de traballo, escríbeme.

Anxo non só nos axudou co desenvolvemento e deseño da nosa web, senón que tamén nos guiou en cada paso para fortalecer a nosa identidade de marca e, con ela, impulsar o noso proxecto.

Estivo sempre á nosa disposición, acompañándonos e achegando os seus coñecementos dun xeito humilde e sensato. Destaca o seu enfoque eficiente e minucioso, guiándonos en todo o proceso e proporcionándonos ferramentas valiosas para seguir avanzando de forma autónoma no futuro.

Durante o proceso, tomou o tempo necesario para comprender en profundidade o noso enfoque e transmitilo na web de maneira harmoniosa e orgánica. Grazas ao seu constante apoio, empatía, didáctica e profesionalidade, logramos un dos nosos principais obxectivos: dar os nosos primeiros pasos no mundo virtual e comezar a posicionarnos como proxecto.

Sen dúbida, recomendaría traballar con el.

O seu trato próximo brindounos non só unha valiosa achega profesional, senón tamén pedagóxica, compartindo moitos dos seus coñecementos para que os poidamos aplicar de forma independente no futuro. Isto demostra non só a súa gran capacidade técnica, senón tamén o seu valor como persoa.

Suyay Simaes
Somos Antü

Púxenme en contacto con Anxo para desenvolver a web do noso centro sanitario multidisciplinar. Desde o primeiro momento sentínme moi a gusto, sendo parte activa da súa elaboración aínda que sempre guiada por un profesional que controla moitos aspectos importantes a ter en conta no que respecta ao deseño web. Un dos aspectos que máis valoro de todo o proceso foi a atención, respondendo de forma rápida e eficiente a todas as dúbidas que me xurdiron.

Sen dúbida, como consecuencia de facer pública a web, recibimos unha gran cantidade de pacientes que solicitaron información a través do formulario web. Os pacientes tamén nos din que agora é máis doado acceder á información sobre que servizos ofrecemos no centro e a nosa forma de abordar o traballo.

Por outra banda, recomendaría sen dúbida os servizos de Anxo a calquera empresa, xa que grazas a eles podes facer medrar a túa empresa e chegar a máis e máis persoas.

Elena Rivas Rivas
Amilogo

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet