Á hora de configurar diferentes métodos de pagamento en WooCommerce é posíbel que queiras agregar unha comisión ou recarga a un deles para compensar os custos de utilizalo.
É dicir, na túa tenda online podes ofrecer o teu cliente varias formas de pagar e aumentar nunha delas un pouco o custo, pois a súa utilización é menos rendíbel para ti.
Antes de seguir recoméndoche que comprobes que isto está permitido na lexislación do teu país, e que o método de pagamento correspondente non o teña estritamente prohibido nas súas condicións de uso.
Se algunha das opcións anteriores é afirmativa, francamente evitaría utilizar esta solución e simplemente eliminaría esa pasarela de pagamento.
Se pola contra si está permitido, mostrareiche o xeito de facelo. É moi sinxelo, curto e intuitivo.
Acompáñame!
Establece unha recarga por forma de pagamento na túa tenda online
Para poder aplicar a recarga de xeito individual, e que ese sobrecusto non afecte a todas as pasarelas que teñas configuradas, debes instalar o plugin Woocommerce Pay for Payment.
Este plugin, que podes descargar de xeito gratuíto desde o repositorio de WordPress, permíteche facer exactamente o que buscamos. É dicir, engadir cargos individuais para cada método de pagamento.
Ademais, poderás elixir se queres unha tarifa fixa, unha tarifa porcentual sobre o total do carriño ou ambas á vez.
Como configurar a comisión por cada método de pagamento
O plugin non ten configuración adicional. Unha vez instalado, debes acceder á forma de pagamento na que queiras engadir a comisión e verás que aparecen unha serie de novos campos que antes non estaban.
- Título do artigo: a etiqueta que identificará a recarga na páxina de pago.
- Cargo fixo: cifra concreta adicional que se engadirá ao total por escoller este método de pago.
- Cargo en porcentaxe: porcentaxe do total do carriño que se engadirá por escoller este método de pago.
- Cargo mínimo: selecciona un cargo mínimo que se aplicará sempre. Se deixas 0, non se aplicará.
- Cargo máximo: selecciona un cargo máximo que se aplicará sempre. Se deixas 0, non se aplicará.
- Desactivar en envío gratuíto (Disable on Free Shipping en inglés): a cota non se cargará se está activado o envío gratuíto.
- Desactivado en envío gratuíto (Disable on Zero Shipping en inglés): a cota non se cargará se o envío é cero.
- Impoñible: a cota extra é impoñible.
- Impostos incluídos: se non marcas esta opción, os impostos da comisión calcularanse a maiores.
- Clase de imposto: escolle o imposto correspondente que se aplicará. Se non lembras como se configuran, bótalle unha ollada a como se configura Woocommerce como un profesional.
- Cotas: marca a opción se queres que as comisións aplicadas se incluan no cálculo porcentual da recarga.
- Cupóns: marca a opción se os cupóns se incluen no cálculo porcentual da recarga.
- Envío: marca a opción se o envío se inclue no cálculo porcentual da recarga.
- Impostos: marca a opción se os impostos se incluen no cálculo porcentual da recarga.
Engadir unha comisión para Paypal
Teño que dicir que o caso práctico que máis me atopei é a aplicación dunha comisión para quen elixa PayPal como método de pago.
Pero coidado, Paypal prohibe explicitamente esta práctica. Coméntocho para que o teñas en conta.
Se aínda así queres establecer a recarga, debes coñecer primeiro cales son as comisións que che cobrará a ti PayPal polo seu uso na túa tenda en liña: 2,9% + 0,35€ por transacción.
Conclusión
Xa ves que con este plugin poderás aplicar diferentes comisións segundo o método de pagamento que elixa o cliente.
Non falla, pero úsao con coidado.
Ademais de que poida que non sexa legal segundo a normativa, ou que a pasarela correspondente o prohiba, o cliente verá esta comisión como unha contrariedade e se non estaba moi convencido de mercar… poida que perdas a venda.
O mellor será probar e ver como responden os usuarios para saber se che compensa ou non.
Se o probaches, dime que opinas.