"Entre o 80% e o 90% do tráfico que chega ao teu blog é a través do titular"
Manolo Rodríguez é xornalista de La Opinión da Coruña. Pero non só escribe diariamente en prensa. É autor de dous libros e creador de contido en diferentes soportes. Destaca a súa faceta de blogueiro desde hai máis dunha década en desenredandolared.com.
Manolo é creador de contidos en diferentes soportes, destacando a súa faceta de blogueiro en Desenredando La Red.
Nesta conversa preguntámoslle como comezou o seu proxecto hai xa máis dunha década, que temáticas aborda e que motivacións lle levaron a ser blogueiro.
Profundizamos na utilidade dos blogs, moitas veces minusvalorados, como fonte principal de tráfico e reputación a unha páxina web. E dentro dun blog, que partes son as máis importantes? Hai que coidar o título? Hai que traballar o corpo do texto?
Manolo leva escrito centos de entradas sobre tantas outras ideas. Cóntanos de onde saca a inspiración e como consigue que os seus artigos teñan éxito e impacto.
Abordamos a súa faceta de creador de contidos. Manolo fai vídeos curtos para redes sociais e administra unha newsletter con centos de subscritores que reciben as súas pílulas por email todas as semanas. É efectivo enviar un boletín?
Se tes un blog e queres mellorar o seu posicionamento en Internet, ou ben aínda non sabes se lanzarte a escribir un, nesta conversa desvelaránseche as claves de como chegar ao éxito con constancia e estratexia.
Queres coñecelo máis? Pásate polo seu LinkedIn.