Daniel Pereyra ·
Emprendedor e desenvolvedor web

"A miña propia web foi a máis complexa de todas. Tomar decisións sobre un mesmo é moi complexo"

Dani é desenvolvedor web. Acompaña a autónomos e PEMES a ter un escaparate dixital optimizado, seguro e orientado aos resultados. Ademáis de autónomo, é emprendedor, e ese espírito inquedo foi o que o trouxo ata aquí.

Para escoitalo enteiro, inicia sesión ou rexístrate.

Montar un negocio por conta propia e facer que dure xa case unha década non é nada doado. Hai que ser especialista nalgunha disciplina que resolva problemas, e facelo con constancia e estratexia. Ademáis, é preciso ter ese espírito inquedo do emprendedor, que persegue mellorar de xeito constante e avanzar co seu proxecto.

Nesta conversa falamos con Daniel Pereyra, desenvolvedor web e creador da marca Charrúa. Dani acompaña a autónomos e PEMES a ter un escaparate dixital optimizado, seguro e orientado aos resultados.

Dani, ademáis de autónomo, é emprendedor. Desde sempre buscou os xeitos de facer as cousas pola súa conta. Algo que arrastra ata día de hoxe, contando con múltiples proxectos tecnolóxicos paralelos ao seu negocio.

Tratamos como foron os seus comezos como autónomo, a idea do negocio e a evolución do mesmo. Comentamos que características persoais son as máis importantes para sobrevivir cando alguén se lanza a emprender.

Profundizamos na mentalidade do emprendedor e nos erros que en moitos casos se cometen por exceso de análise, caendo na parálise por análise que desincentiva comezar, ou por defecto de análise, non tendo conta o mercado e esnafrándose.

Abordamos o importante que é ter unha marca en Internet e como esa marca se fai un oco e consegue autoridade.

Por último, pedímoslle consellos na súa especialidade: a optimización web e a seguridade para evitar que os malos destrúan o noso escaparate dixital.

Esta conversa é para ti se queres coñecer de primeira man a unha persoa que se lanzou co seu negocio en Internet e conseguiu mantelo a flote, e medrando, durante case unha década.

Queres coñecelo máis? Pásate polo seu LinkedIn.

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resulución de dúbidas

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.