Noemí García,
Profesora e creadora en Internet
· Temporada 1 ·
Contidos, Redes sociais

"As marcas valoran o contido de calidade e unha comunidade cuns valores cos que se identifiquen"

Noemí é profesora de Lingua Galega e, ademais, creadora de varios proxectos en galego en Internet con milleiros de seguidores. Conversamos con ela para coñecer como foi a idea, que aprendizaxes tirou e que consellos nos pode dar.

Crear contidos en redes sociais non está reservado só a persoas que teñan moito tempo libre. Ao contrario, debe ser posible para todas as persoas malia que non poidan vivir diso.

Noemí é profesora de Lingua Galega, traballo que compatibiliza cos seus tres proxectos en Internet: Media Laranxa, Galego para Boomers e As Chaves da Lingua.

Nesta conversa preguntámoslle cando naceron, como xurdiu a idea de cada un e que obxectivos tiñan.

Profundizamos no proceso de creación de contidos e as canles máis axeitadas para cada un deles. Por unha banda, como as redes sociais axudan a viralizar e crear unha comunidade cuns valores e, pola outra, como ter un blog axuda a que ese contido perdure no tempo e que o número de visitas se manteña estable.

Abordamos como é manter unha newsletter coa que manter o contacto co público. Grazas a ela pode enviar directamente contidos ás subscritoras que doutro xeito serían difíciles de atopar.

Comentamos como o galego foi neste caso un dos factores fundamentais para establecer unha comunidade estable e potenciar a colaboración con marcas.

Por último, pedímoslle algúns consellos para quen está pensando en comezar un proceso de creación en Internet.

Queres coñecer máis os proxectos? Podes velos aquí: Media Laranxa, Galego para Boomers e As Chaves da Lingua.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet