Noemí García ·
Profesora e creadora en Internet

"As marcas valoran o contido de calidade e unha comunidade cuns valores cos que se identifiquen"

Noemí é profesora de Lingua Galega e, ademais, creadora de varios proxectos en galego en Internet con milleiros de seguidores. Conversamos con ela para coñecer como foi a idea, que aprendizaxes tirou e que consellos nos pode dar.

Para escoitalo enteiro, inicia sesión ou rexístrate.

Crear contidos en redes sociais non está reservado só a persoas que teñan moito tempo libre. Ao contrario, debe ser posible para todas as persoas malia que non poidan vivir diso.

Noemí é profesora de Lingua Galega, traballo que compatibiliza cos seus tres proxectos en Internet: Media Laranxa, Galego para Boomers e As Chaves da Lingua.

Nesta conversa preguntámoslle cando naceron, como xurdiu a idea de cada un e que obxectivos tiñan.

Profundizamos no proceso de creación de contidos e as canles máis axeitadas para cada un deles. Por unha banda, como as redes sociais axudan a viralizar e crear unha comunidade cuns valores e, pola outra, como ter un blog axuda a que ese contido perdure no tempo e que o número de visitas se manteña estable.

Abordamos como é manter unha newsletter coa que manter o contacto co público. Grazas a ela pode enviar directamente contidos ás subscritoras que doutro xeito serían difíciles de atopar.

Comentamos como o galego foi neste caso un dos factores fundamentais para establecer unha comunidade estable e potenciar a colaboración con marcas.

Por último, pedímoslle algúns consellos para quen está pensando en comezar un proceso de creación en Internet.

Queres coñecer máis os proxectos? Podes velos aquí: Media Laranxa, Galego para Boomers e As Chaves da Lingua.

Aprende a lanzar o teu negocio en Internet aínda que non saibas por onde comezar

Se tes unha idea de negocio ou mesmo se xa tes unha marca, pero non sabes por onde comezar na rede… Medra é para ti.

Acceso a todos os

Cursos

(un novo cada mes)

Escoita todas as

Conversas

con referentes galegos/as

Asistencia mensual ao

Soporte

e resulución de dúbidas

Nota: temos 45 prazas para cada un, por orde estricta de inscrición. Por favor, selecciona só aos que vaias poder asistir. Se non sabes se tes dispoñibilidade algún día, apúntate aos que si saibas e ao resto poderás facelo de novo máis adiante.

Propietario do sitio web: Anxo Sánchez. Finalidade: xestionar, atender e dar resposta ás solicitudes de información ou comunicación realizadas a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías almacénanse nos servidores de Dinahosting. Podes ver a súa política de privacidade aquí. Dereitos: pode acceder, rectificar e eliminar os seus datos. Máis información: podes ver a nosa política de privacidade.