Pablo Roca,
Emprendedor e especialista en SEO e CRO
· Temporada 1 ·
Contidos, SEO

"Busca as coincidencias nos resultados de Google. Cal é a intención que satisfacen"

Pablo é especialista en Posicionamento web SEO e CRO. Emprendedor, lanzou Juicer Márketing, a súa propia axencia de márketing na que axuda a empresas a ter máis visibilidade en Internet e atraer posibilidades de negocio.

Comezar un negocio e facerse un oco no mercado online non é para nada sinxelo. Hai que ter constancia, coñecemento e visión estratéxica. E nin con todos os ingredientes se podería garantir o éxito ao 100%. Pero sí que hai máis posibilidades de acadalo.

Nesta conversa falamos con Pablo, especialista en facer que os seus clientes sexan visibles en Internet mediante técnicas de posicionamento web SEO e optimización das taxas de conversión (CRO).

Mais, por enriba de todo, Pablo tamén é un emprendedor que tivo que facerse un oco na rede e ser visible nela. Tratamos os inicios da súa axencia e como foi pivotando ata atopar un sector no cal aportar todo o seu valor. Comentamos a importancia da flexibilidade á hora de asentar o negocio.

Profundizamos en como facer visible un proxecto online. Que técnicas se poden utilizar para que os visitantes te atopen.

Para moitos negocios é moito máis importante a visibilidade local, xeolocalizada nun concello concreto, que a visibilidade xeral en todo Internet. Falamos de cales entran nesta categoría e como poden explotar as ferramentas que existen.

Por último, abordamos consellos que toda persoa que quere emprender online debería ter en conta.

Esta conversa é para ti se queres coñecer de primeira man a unha persoa que se lanzou co seu negocio e conseguiu esa visibilidade que moitos proxectos aínda están buscando.

Queres coñecelo máis? Pásate polo seu LinkedIn.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet