Xosé Luis Reza,
Presidente do Clúster do Ecommerce Galego
· Temporada 1 ·
Márketing, Negocios

"Temos que buscar o elemento diferenciador para destacar no mercado. O idioma éo"

Xose Luis Reza leva toda unha vida axudando ás empresas galegas a vender con valor a través do Marketing. Foi fundador e presidente de Markea, Asociación Galega do Márketing, e do Cluster de Comunicación de Galicia. Na actualizade é presidente do Cluster do Ecommerce Galego.

Se falamos do ecosistema do márketing galego non podemos deixar de nomear a Xosé Luis Reza.

Alén da súa faceta profesional en empresas como R ou La Voz de Galicia, é coñecido por fundar Markea, a Asociación Galega do Márketing, o Clúster de Comunicación de Galicia ou o Cluster do Ecommerce Galego.

Aproveitamos un anaco desa experiencia.

Nesta conversa preguntámoslle pola súa evolución profesional e, en paralelo, a evolución do sector do márketing en Galicia. Un panorama que medrou exponencialmente nas últimas décadas.

Profundizamos nos erros e acertos das persoas emprendedoras á hora de lanzar un negocio e en como deben abordar o factor de diferenciación necesario para facerse un oco no mercado.

Abordamos os beneficios e o valor da comunicación en galego, e por que é unha boa decisión estratéxica facelo así. Tamén das trabas que nos impoñen algunhas plataformas dixitais á hora de crear campañas ou anuncios.

Por último, pedímoslle algúns casos de éxito que el coñeza para que nos inspire a seguir medrando cos nosos negocios.

Esta conversa é para ti se queres coñecer de primeira man algunhas chaves que poden axudarte coa comunicación do teu negocio.

Queres coñecelo máis? Pásate polo seu LinkedIn.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet