Estela Vázquez,
Técnica de emprendemento
· Temporada 1 ·
Emprendemento

"Emprender é unha actitude das persoas para solucionar problemas de xeito diferente"

Estela é técnica de emprendemento. Acompaña e asesora en emprendemento, finanzas e formación para a toma de decisións no crecemento e desenvolvemento de negocios. Mais sobre todo é unha persoa que sabe escoitar e empatizar con quen está comezando co seu proxecto.

Acompañar a emprendedores e empresas é unha tarefa que require coñecemento en moitas áreas dos negocios. E tamén practicar a escoita activa e a empatía.

Estela cumpre todas elas.

É técnica de emprendemento na Fundación Ronsel e con ela falamos dos centos de proxectos que puido estudar ao longo da súa traxectoria.

Nesta conversa comezamos analizando que é o emprendemento e como debemos tratalo. Nos últimos anos fálase moito de emprender, existe unha bolla emprendedora ou é un interese real da sociedade?

Non todos os negocios son iguais e non todas as emprendedoras e emprendedores son iguais. Pero si hai unha serie de actitudes persoais que teñen a maioría das persoas que lanzan negocios, cales son? É a motivación o motor destes perfís ou hai algo máis?

Profundizamos nas semellanzas e diferenzas entre emprendemento online (como pode ser localhost/novomedra/) e offline/físico.

Finalmente, abordamos que aspectos financeiros son cruciais para o éxito dun negocio. Como se pode avaliar a viabilidade financeira dun proxecto empresarial? Ademais, abordamos casos de éxito de emprendementos locais e como foron medrando con traballo e estratexia.

Esta conversa é para ti se queres reflexionar sobre como lanzar un emprendemento de éxito desde as túas propias fortalezas e coñecementos.

Queres coñecela máis? Pásate polo seu LinkedIn.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet