"É moi interesante usar as redes sociais para vender unha experiencia"
Sara é Responsable de Marketing e Comunicación en Casa Grande de Xanceda. Unha das persoas que está detrás das campañas que vemos de Xanceda nas Redes. Xornalista de formación e apaixoada dos proxectos que visibilizan o rural.
Seguro que viches os seus produtos no supermercado e atopaches nalgunha ocasión as súas publicacións en redes sociais, onde mostran como viven as súas vacas moOoi felices. O proxecto é Casa Grande de Xanceda e Sara é a súa responsable de Marketing e Comunicación.
Nesta conversa preguntámoslle como se chega a dirixir un departamento como o de Marketing e que camiño percorreu até chegar aquí.
Profundizamos no produto que comercializan mais tamén, e nomeadamente, na filosofía asociada á marca e a súa importancia no marketing e na comunicación: granxa ecolóxica, compromiso co medio e os animais etc. Que impacto teñen eses valores á hora de comunicar?
Abordamos o proceso creativo á hora de levar adiante campañas en redes sociais, como nacen e a arte de crear unha comunidade online.
Por último, pedímoslle consellos para novos creadores e creadoras. Ser visible nun mundo dixital saturado de información e ocio é posible se transmites de xeito xenuino uns valores e un propósito.
Se queres comezar a ter presenza en redes ou mellorar a que tes, nesta conversa escoitarás de primeira man como fan nunha empresa referente na súa comunicación corporativa.
Queres coñecela máis? Pásate polo seu LinkedIn.