Iván Expósito,
Responsable de Att. ao Cliente de Dinahosting
· Temporada 1 ·
Páxinas web

"Moita xente monta unha web como un trámite e non se fixa para que a está facendo"

Iván é responsable de Ateción ao Cliente de Dinahosting. Ten máis dunha década de experiencia en produtos web e polas súas mans pasaron milleiros de proxectos online. Temos a sorte de que comparta connosco un anaco dela.

Se cadra xa coñeces Dinahosting. É unha das empresas de compra de dominios e aloxamentos máis coñecidas en Galicia. E Iván é unha das persoas que a fai posible. Polas súas mans pasaron milleiros de páxinas web de emprendedores con diferentes problemas.

Aproveitamos un anaco desa experiencia.

Nesta conversa preguntámoslle polos principais problemas que presentan os sitios web de emprendedores e empresas, nomeadamente cando están comezando. Tanto a nivel técnico como a nivel de contidos.

Profundizamos nos por ques de ter unha páxina web e cales son os seus obxectivos. Neste sentido comentamos unha realidade incómoda: con que obxectivo lanzamos un sitio web e por que moitas veces son invisibles e pouco coidados. Cales son as chaves para revertir esta situación?

Abordamos a necesidade de escribir (ou non) un blog para ser visible e que outros xeitos hai de transmitir valor a través de Internet.

Por último, pedímoslle algúns casos de éxito que el coñeza para que nos inspire neste mundo dixital tan aparentemente sinxelo e tan difícil na práctica.

Se estás comezando co teu proxecto en Internet ou queres mellorar a presenza que xa tes, nesta conversa escoitarás de primeira man algunhas chaves para conseguilo.

Queres coñecelo máis? Pásate polo seu LinkedIn.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet