"O rei é o usuario e o usuario o que quere son contidos. E o blog é un punto moi importante."
Diana é extremeña de nacemento e galega de adopción. Estudou Comunicación Audiovisual e emprendeu con pouco máis de 20 anos. Logo de ser responsable do departamento web e de marketing dixital de pequenas empresas, actualmente adícase á docencia de marketing dixital para novos emprendedores.
Ninguén pode negar que para un negocio que ten como obxectivo destacar en Internet, ter coñecementos sobre marketing dixital é fundamental. E Diana é unha persoa que disto sabe desde a súa actividade de docente para novos emprendedores.
Nesta conversa preguntámoslle polas principais tendencias que existen na actualidade no mundo online e como se desenvolverán no futuro. É preciso seguilas para ter éxito en Internet?
Profundizamos na necesidade dunha páxina web que resposte aos intereses do cliente obxectivo e como podemos atraelo. É suficiente abrir unha páxina ou hai que traballala? Siguen funcionando os blogs e a estratexias de contidos?
As redes sociais son unha parte absolutamente fundalmental do noso día a día persoal e tamén do desenvolvemento dixital das empresas. Mais en moitas ocasións a nosa presenza nelas non cumpre cos obxectivos que nos marcamos e como debemos corrixir isto.
Por último, abordamos outras técnicas de contacto co usuario como o envío de newsletters. Son útiles hoxe en día?
Esta conversa é para ti se tes en mente conseguir visitas na túa páxina web ou crear unha comunidade estable en redes sociais e aínda non sabes por onde comezar.
Queres coñecela máis? Pásate polo seu LinkedIn.