"A parte humana que non ten a Intelixencia Artificial nunca será substituída por completo"
Iván é consultor SEO e especialista en Intelixencia Artificial. Axuda a negocios a aumentar a visibilidade e o tráfico para que o seu público os atope e teñan máis e mellor posibilidades de negocio. Iván está á ultima nas tendencias, destacando o seu manexo das novas IA’s.
O márketing dixital é unha disciplina que comprende multitude de áreas de coñecemento. Dominalas e utilizalas ao noso favor é un reto titánico, por iso en numerosas ocasións é mellor delegar esa tarefa en quen é especialista dunha desas áreas.
Nesta conversa falamos con Iván Cernadas, xornalista de formación e consultor SEO de profesión. Traballa con negocios locais para aumentar a súa visibilidade en Internet.
Tratamos o comezo do seu camiño no márketing dixital e no SEO en particular. Que lle levou a especializarse niso? Que importancia teñen estas accións no presente e futuro dos negocios?
Profundizamos nos erros máis comúns que cometen as pequenas empresas e emprendedores cando intentan mellora a súa visibilidade en liña. Adoitan ser problemáticas comúns que moi poucos lle poñen solución.
Abordamos o auxe e popularización da Intelixencia Artificial xenerativa. Que lle atraeu dela e como se integra no traballo? Cales son as principais vantaxes de utilizala e como están a cambiar as estratexias de márketing?
Por último, comentamos as problemáticas éticas da Intelixencia Artificial e como podemos enfrontalas. Desde a creación de múltiples fakes ao posible perigo dos nosos postos de traballo.
Esta conversa é para ti se queres entender cales son as últimas tendencias entre o márketing dixital e a Intelixencia Artificial.
Queres coñecelo máis? Este é o seu LinkedIn.