"As redes sociais fixeron que a nosa marca se recoñeza. Que digan 'quero uns Eferro' e 'non quero uns zocos'"
Elena é artesá e zoqueira, profesión que herdou por tradición familiar. Adaptou e revalorizou os zocos tradicionais facendo da súa marca “Eferro” unha referencia. Conversamos con ela para coñecer máis a súa profesión, evolución e salto das feiras ás redes sociais.
Como un oficio artesá e tradicional pode dar o salto ao dixital cun éxito incuestionable. Ese é o caso de Elena Ferro (EFerro).
Ser artesá e zoqueira venlle de familia. Continuou coa tradición imprimíndolle a súa propia visión e adaptándoa ás tendencias actuais.
Nesta conversa preguntámoslle pola evolución do negocio, como comezou nel e os cambios que introduciu que fixeron escalar a marca dun xeito exponencial desde 2010 ata o día de hoxe.
Profundizamos en como conseguiu recuperar e actualizar un calzado tradicional galego, deixando nel o seu selo, coñecido dentro e fóra de Galicia. Os seus clientes non buscan só uns zocos, buscan uns Eferro.
Abordamos como as redes sociais foron fundamentais neste crecemento. A constancia no calendario de publicacións, a innovación das publicacións e técnicas de márketing de guerrilla crearon unha masiva e sólida comunidade.
Comentamos como esa comunidade é en parte responsable do crecemento da marca. E non só para popularizar o produto, se non tamén para indicarlle tendencias e criterios de mercado.
Por último, pedímoslle algúns consellos para quen está no punto de comercializar un produto artesá. Que lles dirías?
Esta conversa é para ti se queres coñecer de primeira man a recuperación e reinvención dun oficio e como Internet xogou un papel fundalmental.
Queres coñecelas máis? Pásate polo seu Instagram.