A páxina web que necesitas para vender
Se a túa web non está pensada para atraer clientes, non é un investimento, é un gasto. Pensa niso. Axúdoche a que venda por ti!


Deseño de páxinas web en Galicia para negocios que queren vender online
A túa web pode ser a mellor vendedora… ou un gasto
Ter unha web non é suficiente. O importante é que funcione, atraia clientes e xere vendas.
Porque unha páxina web ben feita non é só unha tarxeta de presentación online, é a túa mellor ferramenta para captar clientes, diferenciarte da competencia e evitar que a túa empresa pase inadvertida en Internet.
A maioría de webs fallan porque non están optimizadas para pasar de visitas a clientes. Son lentas, están mal estruturadas ou simplemente non transmiten o que deberían. O meu traballo é solucionar iso.
Axúdoche a crear unha web memorable, que traballe para ti as 24 horas do día e poida xerar novas oportunidades de negocio.
Se a túa web non vende, só é unha factura máis. E non creo que queiras pagar por iso.
O proceso que fai que a túa páxina web venda
Así creo o teu deseño web profesional
Analizamos o mercado no que te insires e atopamos os teus clientes ideais
Non basta con ter unha web, hai que saber para quen a fas. Estudamos o teu público, a competencia e definimos a estratexia para atraer aos clientes axeitados.
Revisamos os textos e estruturamos os contidos para o posicionamento web SEO
Os textos da túa web non poden ser unha trangallada sen xeito. Adaptámolos para que te atopen en Google e para que os teus clientes entendan rápido o que ofreces.
Aplicamos un deseño adaptado á túa marca, identidade corporativa e estilo
A túa web ten que representarte. Creo un deseño que encaixe cos teus valores e que faga que a túa audiencia se sinta cómoda navegando. Recorda que a páxina non debe gustarte a ti, senón aos teus clientes.
Velocidade e seguridade. Optimizamos a web e evitamos hackeos
A velocidade e a seguridade importan. Asegúrome que a páxina cargue rápido, que funcione ben en móbil (a estas alturas aínda hai webs que non!) e que estea protexida contra ataques.
A web que necesitas, agora e ben feita
Deseño web optimizado para atraer clientes
Publicaches a túa web.
Agora… a facerse de ouro, cuñado!
Pasan os días… e nada. Comprobas con mágoa que esas poucas visitas non suben. A túa páxina é invisible no océano de Internet.
O tempo pasa e segues sen solución. Sabes que tes unha boa proposta de valor, pero ninguén te atopa. Non pode ser tan difícil, verdade?
Por sorte, hai unha boa nova. non é difícil se a web está ben feita. Precisas unha páxina optimizada, rápida e pensada para converter visitantes en clientes. Se non funciona, é como non tela!

Anxo fixo a páxina web do meu emprendemento. O seu traballo non foi só informático, senón que me guiou e axudou na creación do contido da mesma. Escoitoume sempre e reuniuse comigo todas as veces que fixo falta para que a web tivese un bo contido, funcionamento, estética e posicionamento. O que máis valoro é o seu trato e servizo personalizado; en todo momento respondeu ás miñas dúbidas e explicoume como potenciar o meu proxecto aproveitando ao máximo o uso da web. Axudoume na creación do contido, mellorando o posicionamento da páxina e maximizando as visitas e conversións. Recomendo os seus servizos ao 100%.

O trato con Anxo Sánchez foi cómodo, áxil e cumpriu todas as miñas expectativas. Coñecín o seu traballo por recomendacións de compañeiras do sector e contratei os seus servizos porque necesitaba crear unha páxina web que se adaptase aos requirimentos do mercado laboral da tradución. O resultado final é inmellorábel, xa que aportou ideas de moito valor desde o primeiro momento e que a min nunca se me ocorrerían. Recomendo a toda persoa que traballe por conta propia que contrate os seus servizos porque gañará un espazo de seu para se pór en valor e destacar no sector que se adapte a un deseño actual, dinámico e profesional.

