Checklist para unha auditoría do teu negocio en Internet

4,95 

Lanzar un negocio en Internet parece doado. Todo o mundo che di que só necesitas estar en liña.

Se queres, proba e cóntasme.

Crea unha web que non carga, publica nas redes sen ningunha interacción e envía emails que ninguén abre. Coñeces esa sensación?

Agora imaxina ter un documento que che dea algunhas ideas de por onde tirar.

Con esta checklist, avaliarás a túa presenza online e descubrirás como mellorala para atraer clientes e impulsar vendas.

Deixa de improvisar e toma o control do teu negocio en Internet.

10 páxinas
Dispoñible en PDF

No mundo do márketing dixital e os negocios online, a clave do éxito radica nunha estratexia ben definida e na execución eficaz de diversas técnicas.

Para axudarche a avaliar e mellorar a túa presenza online, desenvolvín esta checklist que aborda cinco áreas fundamentais: a túa páxina web, a presenza nas redes sociais, o posicionamento en buscadores (SEO), o email márketing e a análise e seguimento das túas actividades en liña.

O obxectivo desta checklist é proporcionarche unha guía práctica e concisa para revisar os aspectos máis importantes do teu negocio online e identificar áreas de mellora.

Cada sección inclúe seis TIPS clave que deberías considerar e implementar para fortalecer a túa presenza en Internet e impulsar o éxito do teu negocio.

Non só se trata de implementar estas recomendacións unha vez, senón tamén de manter unha actitude de revisión e adaptación constante.

Introdución. Páxina 4.

Páxina web. Páxina 5.

Presenza en redes sociais. Páxina 6.

Posicionamento SEO. Páxina 7.

Email márketing. Páxina 8.

Análise e seguemento. Páxina 9.

Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso á descarga do ebook en formato PDF.

Descarga ilimitada. Poderás descargar o PDF tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.

Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.

Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).

Sen soporte nin resolución de dúbidas. Este ebook é un produto independente e non inclúe soporte adicional, asesoramento nin resolución de consultas sobre o seu contido.

Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirme a info@medra.gal e respondereiche o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.

Os prezos dos ebooks indícanse con IVE do 21%. Se precisas unha factura para engadir na túa contabilidade trimestral e desgravar o gasto, conta con ela. Indícanolo por email ou no momento da compra e enviámoscha.

Apúntate por email e leva o ebook . Máis de 500 autónomos xa o fixeron!

Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet