Os segredos para crear a túa páxina web sen ter coñecementos previos
4,95 €
Crear unha páxina web é sinxelo. Seguro que escoitaches moitas veces esa afirmación.
Podes intentalo. Ninguén cho impide.
Xa sabes, un par de días para mercar o dominio e o aloxamento, e rezar para que sexan os correctos. Un par de semanas para escoller o tema indicado para o teu proxecto, e esperar que as pezas encaixen nel. Dous meses para instalar e configurar os complementos, cos dedos cruzados para que a páxina non rompa antes de comezar.
E logo, se todo sae ben, que con sorte apareza algunha visita e non poida contactarte porque o formulario non funciona.
Tamén podes coller este ebook e comprender o camiño que debes seguir.
Queres saber máis?
Esta guía está dirixida a usuarios sen coñecementos técnicos previos en deseño web, WordPress ou programación. Se non es un usuario avanzado non te preocupes, guiareite ao longo de toda a publicación para que ti mesmo poidas implementar todos os consellos que contén.
É recomendable que saibas, iso si, moverte un mínimo no teu ordenador. Descargar e instalar recursos, xestionar arquivos e entender o funcionamento dun navegador web.
A través de 6 bloques temáticos móstroche os aspectos máis destacados para que ti mesmo poidas crear o teu sitio web.
Ao rematar esta guía serás capaz de contratar o dominio e o hosting dunha web, poderás instalar a teu propio WordPress, saberás configurar de xeito básico a instalación e como xestionar o tráfico que chega por primeira vez ao teu blog.
Intentarei facelo dun xeito sinxelo e comprensible para que fique todo claro e poidas tomar as mellores decisións, xa que os primeiros pasos son os máis importantes.
Índice de contidos
Introdución. Páxina 4.
Achegándonos a WordPress. Páxina 5.
Dominio e hosting. Páxina 8.
Temas e plugins. Páxina 11.
Imaxes, cores e tipografía. Páxina 17.
Fidelización e subscritores. Páxina 23.
Conclusións. Páxina 26.
Resumo dos termos e condicións de venda
Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso á descarga do ebook en formato PDF.
Descarga ilimitada. Poderás descargar o PDF tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
Sen soporte nin resolución de dúbidas. Este ebook é un produto independente e non inclúe soporte adicional, asesoramento nin resolución de consultas sobre o seu contido.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirme a info@medra.gal e respondereiche o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Es autónomo/a ou empresa e necesitas factura?
Os prezos dos ebooks indícanse con IVE do 21%. Se precisas unha factura para engadir na túa contabilidade trimestral e desgravar o gasto, conta con ela. Indícanolo por email ou no momento da compra e enviámoscha.