39,95 €
Como crear a túa primeira páxina web desde cero
Aprende a configurar e lanzar a mellor ferramenta para crear a primeira páxina web do teu negocio. Ter un escaparate na rede é indispensable para que os teus clientes te atopen. Comeza con bo pé malia que non teñas coñecementos previos.
170
Minutos
14
Vídeos
5
Materiais de traballo
Ter unha páxina web propia onde trasladar o teu valor ao mundo é algo innegociable se queres medrar co teu negocio en Internet.
E lanzala non está fóra do teu alcance, se sabes como.
Neste curso aprenderás desde cero como instalar a túa primeira páxina web, desde o coñecemento razonado das ferramentas até a subida dos primeiros textos e imaxes.
Paso a paso entenderás o funcionamento de WordPress e por que será o teu mellor aliado no emprendemento dixital.
Conseguirás superar as dificultades iniciais e entender o panel de control, para que non se che escape nada.
Instalaremos todo o preciso para que poidas subir o logotipo e inserir o título da túa páxina web.
Poderás crear o primeiro artigo do blog e ordenalo dun xeito correcto mediante categorías e etiquetas. Isto, créeme, xa che situará por enriba da práctica totalidade de persoas que escriben nas súas bitácoras e que non prestan atención a estes detalles.
Aprenderás a xestionar o molesto SPAM e os comentarios do teu sitio, a crear as páxinas onde ofrecer servizos ou indicar un contacto para que che escriban.
Para finalizar, dareiche unha serie de boas prácticas para que a túa web non morra antes sequera de nacer.
Este curso é para ti se te atopas nunha encrucillada e non sabes por onde tirar á hora de crear a túa páxina web, ou ben se xa tes unha instalación pero non es quen de sacarlle rédito.
Imparte o curso:
Anxo Sánchez
Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a construir un proxecto dixital optimizado, que teña visibilidade e consiga clientes a través de Internet.
Sei que os inicios de todo proxecto son duros. Eu tamén son emprendedor, xa pasei por iso e superei as barreiras que ti tes diante. Podes contar comigo. Sen enganos.
Leccións do curso
- Por que WordPress é o mellor aliado do emprendemento e chegou a estar presente no 40% de Internet.
- WordPress destaca pola súa escalabilidade, gran comunidade, posicionar en Google (se o fas ben) e ser código aberto.
- A elección das ferramentas é unha tarefa fundamental.
- Manualmente: subindo os arquivos mediante FTP.
- A partir de instaladores de aplicacións do hosting.
- Contratación dun aloxamento con WordPress preinstalado.
- Instalalo no teu propio ordenador.
- Vistazo rápido a WordPress.
- Entender o panel de control (ou Escritorio).
- Todo o que debes configurar nada máis instalar WordPress: os Axustes.
- Borrado e configuración do contido por defecto.
- Que é un Tema e para que serve.
- Temas por defecto e temas instalados.
- Instalación, activación, personalización e borrado.
- Que é un blog e para que se utiliza.
- Como debes escribilo para brillar en Internet.
- Que é unha categoría e unha etiqueta.
- Que é unha entrada/artigo do blog. Crea a túa primeira entrada.
- Que é unha páxina (Inicio, Servizos, Contacto etc.).
- Cal é o seu obxectivo.
- A ferramenta de subida e almacenamento de imaxes, vídeos e documentos.
- Como subir, xestionar e borrar arquivos.
- Que alegría recibir comentarios no teu blog, pero hai que xestionalos.
- Controla o SPAM da túa páxina web.
- Usuario por defecto.
- Creación e xestión de usuarios.
- Tipos de usuarios e roles.
- Que é un plugin e como se instalan.
- Extensións coas que facer que a túa páxina web voe.
- Como escoller ferramentas de confianza.
- Actualizacións do sistema de WordPress.
- Coida o teu usuario, onde pos a contrasinal e a seguridade.
- Coida o contido e escribe de cando en vez. Crea contido regular de calidade.
Resumo dos termos e condicións de venda
Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
Sen soporte nin resolución de dúbidas. Este curso é un produto independente e non inclúe soporte adicional, asesoramento nin resolución de consultas sobre o seu contido.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirme a info@medra.gal e respondereiche o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Es autónomo/a ou empresa e necesitas factura?
Os prezos dos cursos indícanse con IVE do 21%. Se precisas unha factura para engadir na túa contabilidade trimestral e desgravar o gasto, conta con ela. Indícanolo por email ou no momento da compra e enviámoscha.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.