39,95 €
Consigue o teu dominio e o teu espazo en Internet
Ter un nome propio e diferenciado en Internet é esencial para que te atopen. Ensínoche que é o que necesitas para telo, contratalo e xestionalo. E, xunto co nome, tamén o aloxamento, o lugar onde subirás as túas fotos e os teus textos.
40
Minutos
4
Vídeos
3
Materiais de traballo
O primeiro paso para ter unha presenza en Internet é coñecer os conceptos fundamentais e dotarse das ferramentas mínimas a través das cales edificar un proxecto.
Neste curso aprenderás como conseguir rexistrar o teu nome (ou o nome da túa empresa) na rede. Un nome único, inequívoco, desde o cal transmitir ao mundo o que sabes facer.
Este nome é o dominio.
Contareiche que son os dominios, que tipos hai e como elixir un que sexa rendible e útil. Non é cuestión menor, porque unha vez rexistrado non se adoita cambiar.
Tamén coñecerás que son os aloxamentos ou hosting. Eses ordenadores ou redes de ordenadores que utilizamos para subir e almacenar os contidos da nosa páxina web.
Entenderás como funcionan xuntos o dominio e o hosting, como buscar o máis acaído para o teu proxecto entre unha oferta case infinita e que segredos debes coñecer antes de contratalos.
Este curso é para ti se aínda non tes rexistrado un nome e un espazo na rede desde onde comezar o teu proxecto dixital. Ou ben si que tes algo pero aínda non te lanzaches a instalar nada aí.
Imparte o curso:
Anxo Sánchez
Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a construir un proxecto dixital optimizado, que teña visibilidade e consiga clientes a través de Internet.
Sei que os inicios de todo proxecto son duros. Eu tamén son emprendedor, xa pasei por iso e superei as barreiras que ti tes diante. Podes contar comigo. Sen enganos.
Leccións do curso
- Cóntoche o que é un dominio e que tipos de dominios hai.
- Cal elixir para o teu proxecto?
- Aprende o que é un aloxamento web ou hosting e que tipos existen.
- Como elixir un bo aloxamento?
- Que son os Servidores de Nomes de Dominio (DNS).
- Para que valen e por que me interesa sabelo.
- Ensínoche a contratar un dominio e un aloxamento.
- Utilizamos o código promocional para que leves 3 meses de balde.
Resumo dos termos e condicións de venda
Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
Sen soporte nin resolución de dúbidas. Este curso é un produto independente e non inclúe soporte adicional, asesoramento nin resolución de consultas sobre o seu contido.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirme a info@medra.gal e respondereiche o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Es autónomo/a ou empresa e necesitas factura?
Os prezos dos cursos indícanse con IVE do 21%. Se precisas unha factura para engadir na túa contabilidade trimestral e desgravar o gasto, conta con ela. Indícanolo por email ou no momento da compra e enviámoscha.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.