39,95 €
Os teus primeiros pasos para vender en redes sociais
Aprende os conceptos básicos sobre as Redes Sociais e como axudan a un negocio. Presentación das diferentes plataformas, público, usos, elección, publicacións e boas prácticas na xestión.
55
Minutos
24
Vídeos
6
Materiais de traballo
O que subo non se comparte, a xente só baila e fai retos e pasan do meu negocio… E se che dixera que en menos de 1 hora vas aprender a escoller onde e como estar en redes sociais para obter máis clientes invertindo o menor esforzo posible?
Deixa de pegarte co algoritmo e aprende a vender máis comprendendo o que busca a túa audiencia nestas canles e mirando de non poñer todos os ovos na mesma cesta, que as canles son de Zuckerberg e de Elon Musk!
Verás exemplos reais de campañas galegas exitosas e saberás como podes levalas a cabo mantendo a túa esencia. Deixarás de perderte entre miles de apps para ir ás ferramentas xustas e necesarias que che axuden a manter a túa presencia dixital.
E todo isto cunhas nocións básicas de métricas de resultados para identificar que estratexia está a funcionar e cal non, que hai veces que non todo son likes! Tamén terás moi claro que facer en caso de ter algún tipo de crise reputacional en redes e, por último, direiche onde atopar información para estar á última dos cambios técnicos e de uso que experimentan estas canles.
Pasa de 0 a 100 en redes sociais coas estratexias que xa lle funcionaron a emprendedores coma ti!
Imparte o curso:
Bárbara G. Vilariño
Bárbara G. Vilariño (A Coruña, 1987) son licenciada en Xornalismo Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente traballo como consultora de comunicación freelance, especializada en comunicación e estratexia dixital tras desenvolver a miña carreira durante 14 anos para compañías de presenza internacional de diferentes sectores B2B e B2C, como o enerxético, industrial, deportivo, cultural ou e institucional.
Leccións do curso
- Obxectivos do curso.
- Panorama xeral das redes sociais máis populares.
- Importancia das redes sociais para os negocios.
- Como poden as redes sociais impulsar ás pequenas empresas.
- Breve introdución ás tendencias actuais en redes sociais.
- Análise das principais redes sociais
- Identificar a túa audiencia obxectivo en cada plataforma.
- Vantaxes e desvantaxes de cada rede.
- Casos de estudo breves de éxito empresarial.
- Principios básicos de creación de contido.
- Ideas de contido para diferentes tipos de negocios.
- Uso de ferramentas de deseño e IA sinxelas.
- Importancia da autenticidade e a interacción.
- Técnicas para aumentar seguidores e mellorar a participación.
- Análise de métricas básicas e axuste de estratexias.
- Exemplos de campañas exitosas de crecemento.
- Como xestionar crises en redes sociais.
- Construíndo e mantendo unha boa reputación online.
- Resposta a comentarios negativos e críticas.
- Casos de estudo sobre xestión de crises.
- Recomendacións para continuar aprendendo e mellorando.
- Recursos adicionais e comunidades en liña.
- Importancia de manterse actualizado en tendencias.
Resumo dos termos e condicións de venda
Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
Sen soporte nin resolución de dúbidas. Este curso é un produto independente e non inclúe soporte adicional, asesoramento nin resolución de consultas sobre o seu contido.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirme a info@medra.gal e respondereiche o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Es autónomo/a ou empresa e necesitas factura?
Os prezos dos cursos indícanse con IVE do 21%. Se precisas unha factura para engadir na túa contabilidade trimestral e desgravar o gasto, conta con ela. Indícanolo por email ou no momento da compra e enviámoscha.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.