39,95 €
Pasos estratéxicos imprescindibles antes de emprender
Aprende os conceptos básicos e as ferramentas máis útiles sobre estratexia de negocio. Estudo de cliente e o medio que o rodea, definición e estudo da proposta de valor, vantaxe diferencial, competencia e roadmap de aplicación estratéxica.
60
Minutos
5
Vídeos
4
Materiais de traballo
Os primeiros pasos antes de emprender son cruciais para intentar minimizar as posibilidades de fracaso. Ainda que o camiño do emprendemento case nunca é dereito, estratéxicamente e moi importante saber que hai certas regras que debes seguir para intentar conseguir o éxito que persegues.
Nestas 5 leccións iremos paso a paso descubrindo, e de xeito moi práctico, cales son esas decisións esenciais en cada momento. Ademáis facilitareiche algúns canvas ou modelos moi útiles que poderás aplicar directamente ao teu negocio e trasladar o aprendido dun xeito práctico.
Estás nun momento crucial no que aprenderás que emprender é balancear entre o persoal e o profesional. Sobre isto falareiche na primeira lección, da importancia de fixar obxectivos no plano persoal e no plano profesional, e ademáis que ambos estean alineados.
Posteriormente, e moi en contra do que a maioría dos emprendedores poden pensar, o máis importante é coñecer (o máximo posible) o público que vai consumir o teu producto ou servizo. Se non empatizas co teu consumidor, nunca lle poderás vender iso que ti desexas.
Na terceira lección falaremos sobre a proposta de valor e identificaemos por qué o teu producto ou servizo debe ser único no mercado. Sen proposta de valor, as túas posibilidades de éxito diminúen moitísimo.
A continuación construiremos o teu modelo de negocio, que básicamnete trata de plasmar todo aquelo que rodea o teu proxecto e che axudará a entender de forma máis sinxelqué se precisa ter en conta para arrancar.
E por último, aprenderemos que só neste punto, e despois de ter pasado un por un por todos os puntos anteriores, se pode planificar e tomar decisións. Aprenderás en dónde é imprescindible decidir (4P’s do Marketing) en base a obxectivos a curto plazo.
Despois de aplicar estas 5 aprendizaxes do curso sentirás unha maior seguridade e comprobarás que estarás alineado cos teus obxectivos e finalmente confiado para dar os primeiros pasos neste mundo do emprendemento. Moita sorte!
Imparte o curso:
Javi Boquete
O meu nome é Javier Boquete e son mentor de márketing de proxectos de emprendemento galego.
Con máis de 20 anos de experiencia en departamentos de márketing e publicidade e tamén como emprendedor, ofrezo os meus servizos e coñecemento a todos os que están dispostos a se adentraren na apaixonante aventura de converter soños profesionais en éxitos.
Leccións do curso
- Obxectivos de emprendemento.
- Obxectivos persoais.
- Análise do teu público obxectivo.
- Mapa de Empatía.
- A importancia da proposta de valor.
- Difenfenciación e competencia.
- Mapa de proposta de valor.
- Modelo de negocio Canvas.
- Que é e como se enche o Canvas.
- Planificación e execución estratéxica.
- As 4p`s do Marketing.
Resumo dos termos e condicións de venda
Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
Sen soporte nin resolución de dúbidas. Este curso é un produto independente e non inclúe soporte adicional, asesoramento nin resolución de consultas sobre o seu contido.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirme a info@medra.gal e respondereiche o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Es autónomo/a ou empresa e necesitas factura?
Os prezos dos cursos indícanse con IVE do 21%. Se precisas unha factura para engadir na túa contabilidade trimestral e desgravar o gasto, conta con ela. Indícanolo por email ou no momento da compra e enviámoscha.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.